domingo, 19 de septiembre de 2010

A Antártida


A Antártida é coñecida como o sexto continente. Sitúase no hemisferio austral e o seu centro coincide co Polo Sur. A súa superficie é de 13.177.000 Km2 e o seu perímetro é moi irregular. O clima da Antártida é moi extremo, a media de inverno é de aproximadamente 50º baixo cero e no verán, estación case inexistente, é de 20º por debaixo de cero. É un continente tan inhóspito que repele todas as especies vexetais, a excepción dalgúns tipos de liques. Os animais daquela terra son os pingüinos, as focas e as baleas. O descubridor da Antártida foi o capitán Cook, as primeiras expedicións foron a cargo do francés Dumont d'Urville e do británico Ross. A principios do século XX Admundssen acadou o Polo Sur. No continente de xeo non ten unha poboación fixa, tan só existen nel bases científicas e pesqueiras de xeito temporal. O territorio da Antártida non pertence a ningún estado soberanía, é tratado coma unha reserva natural consagrada á ciencia e a paz.
Colaboración de Isabel G. Piñeiro