martes, 22 de marzo de 2011

O desastre de Fukushima


Estes días toda a nosa atención está no Xapón. O pasado 11 de marzo un gran tremor de terra (8.9 na Escala Richter) deu lugar a un gran tsunami que devastou a zona norte do Xapón, a uns 250 Km de Tokio. Lembremos que o arquipélago atópase situado nunha zona de confluencia de placas no Pacífico que se deslizan e chocan producindo grandes tremores de terra e tamén tsunamis de gravísimas consecuencias humanas e materiais. Unha das áreas máis afectadas por este terromoto de 2011 foi Fukushima, onde se atopa unha importante central nuclear. Esta foi gravemente danada, dando lugar a constantes fugas radiactivas de uranio e plutonio. A polémica sobre as centrais nucleares está servida. O clima de opinión é contrario a esta forma de enerxía que pon en perigo a vida humana e o medio físico. Hai algunhas voces que se alzan en medio de toda a polémica, hai investigacións actuais sobre a fusión nuclear...Non nos podemos centrar máis nela? A perigosa fisión (separación de átomos de uranio, plutonio, bario...) non pode sustituirse, se hai xa investigacións avanzadas sobre isto, pola fusión nuclear que se realiza con hidróxeno para a obtención de helio? Por que os países máis desenvolvidos céganse coa fisión dos átomos de uranio en vez de buscar outras alternativas? Intereses económicos das multinacionais que gobernan o mundo?

miércoles, 9 de marzo de 2011

Traballando co tema do Turismo

Añadir imagen

Estes días en Xeografía de 3º ESO estamos a traballar sobre o tema do Turismo. Os alumnos e alumnas, ben de forma individual ou en grupos, recollen información sobre diversos países do mundo facendo un itinerario por lugares de interés. Deben investigar sobre as características físicas de cada país (relevo, clima, vexetación), as súas fronteiras políticas, datos diversos como a moeda, a superficie, a poboación etc. Tamén deben buscar información sobre monumentos ou parques naturais que desexarían visitar. O traballo pode incluir máis datos a maiores, gastronomía, cultura... O que sí é obrigatorio é incluir un mapa co itinerario elixido. A forma de presentación é libre, puntuarase de forma positiva a orixinalidade. Contamos coa colaboración de Cristina de Plástica para a elaboración de maquetas de monumentos. Os traballos deberán entregarse o día 21 de marzo. Despóis organizaremos conxuntamente unha exposición na Biblioteca, lugar das investigacións e do traballo diario no actual tema sobre o turismo. Un xeito de traballar divirtíndose á vez.
Isabel G. Piñeiro

Dous países de América do Sur: Arxentina e Brasil



Arxentina é un país situado ó sur do continente americano. A súa capital é Bos Aires e a súa moeda o peso arxentino. A súa poboación supera os 40 millóns de habitantes, sendo a súa superficie de 2.766.900 Km2 e a súa densidade é de case 15 hab/km2. É unha República e a súa xefa de estado na actualidade é Cristina Kirchner. Arxentina ten fronteira con Chile, Bolivia, Paraguai, Uruguai e Brasil. O clima é temperado oceánico na costa e continentalizado cara o interior, sendo polar no sur. O glaciar Perito Moreno atrae a milleiros de turistas cada ano, así como a capital do país, Bos Aires


Brasil é un país que fai fronteira con Arxentina, Bolivia, Colombia, As Güianas, Paraguai, Perú, Surinam, Uruguai e Venezuela. O seu clima é predominantemente tropical. A sáua capital é Brasilia, emprazada na selva amazónica. A moeda do país é o real. Brasil ten unha poboación de 109.000.000 Habitantes. O estado é unha república parlamentaria. As cidades máis importantes son Río de Janeiro, Sao Paulo, Minas Gerais entre outras. A Amazonia é un espazo verde, un verdadeiro pulmón verde do planeta que hoxe en día está en perigo de desaparición. O río Amazonas discorre por todo o territorio de Brasil de oeste a leste presentando unha paisaxe de selva exuberante, unha paisaxe tropical húmida con gran variedade de especies vexetais e animais, única no planeta.
Saskya Vilariño, Olalla Vázquez e Sergio Vila
r

Os comezos da industrialización en Galicia: as conserveiras das Rías Baixas

A finais do século XIX, na década de 1880, iníciase na ría de Vigo, a apertura das fábricas conserveiras de peixe. Debeuse principalmente á chegada de empresarios burgueses cataláns e desenvolveuse grazas a capitais franceses. Tratábase dunha actividade herdeira das coñecidas salazóns das Rías Baixas. Estas empresas vanse especializar na conserva de sardiñas. En 1904 créase en Vigo a "Unión de Fabricantes de Conservas de la Ría de Vigo", testemuña da importancia desta incipiente industria galega. As innovación tecnolóxicas eran constantes, por exemplo o peche das latas ou os métodos de conservación das mesmas. Axiña se converteu nun traballo propiamente feminino, as mulleres obreiras traballaban a través, moitas veces, de simples contratos verbais. Durante o primeiro tercio do século XX, a industria conserveira atravesa unha fase expansiva, xa que nos anos da I Guerra Mundial, hai unha gran demanda no frente destes produtos enlatados. Non só experimentaron un crecemento as conserveiras senón todas as empresas "auxiliares" de peixe; falamos das latas, do aceite...Iníciase unha verdadeira concentración empresarial neses anos. A finais dos anos 20 e principios da década dos 30, debido a Gran Depresión, as conserveiras pasan por unha fase crítica. Coa Guerra Civil hai un certo repunte. Ao longo dos 60 mantéñense, e volven a pasar por unha crítica fase coa Reconversión Industrial dos anos 80. Hoxe en día Galicia é a segunda exportadora de conservas de pescado do mundo.
Isabel G. Piñeiro

A Revolución Industrial


A Revolución Industrial inglesa comeza a mediados do século XVIII, é unha revolución que despois expandirase por Europa Continental, Estados Unidos e Xapón. Son unha serie de transformacións socioecómicas e tecnolóxicas moi importantes na historia e que deron lugar a un novo xeito de vida e a unha nova sociedade de clases. A primeira causa a ter en conta no desenvolvemento deste feito foi o crecemento demográfico, tamén coñecido como "revolución demográfica", isto supuxo un incremento da poboación que fixo posible unha maior demanda de alimentos. A súa vez, isto deu lugar a melloras agrarias, a unha maior productividade, posible grazas ás novas técnicas e inventos (arados, segadoras, sementadoras, malladoras...) e tamén a novos sistemas de cultivo (o Norfolk principalmente). Ademais, introducíronse cultivos novos coma a pataca. Todo isto formou parte da chamada revolución agrícola. Antes desta revolución os produtos eran elaborados manual e artesanalmente, coa Revolución Industrial aparece por primeira vez a industria e as innovacións coas cales pásase á mecaniza ción da industria téxtil e da siderurxia. Estas primeiras máquinas accionábanse ó principio, sobre todo, coa enerxía hidráulica, e logo tamén coa máquina de vapor, inventada por James Watt no 1769, que tería un papel moi importante na Revolución Industrial dado que tamén serviría para a revolución dos transportes. Tamén coas innovacións industriais aparecerá a fabricación en serie que fai que os costes e o traballo sexan menores na producción, este sistema utilízase en moitas industrias da actualidade. Ademais mellorouse o comercio debido á revolución dos transportes dado que apareceu a máquina de vapor e grazas a ela apareceu o barco de vapor e tamén o ferrocarril. Éste accionábase coa locomotora de Stephenson que inventou en 1829. Comeza así o transporte de mercadorías e persoas en ferrocarril. A primeira liña de pasaxeiros foi de Liverpool a Manchester.
Colaboración de "A balsa da Medusa"Juan Varela Armas

O encoro de Belesar


O encoro de Belesar é un pantano artificial posto en servizo no ano 1963 no río Miño durante a Dictadura do Xeneral Franco. É o máis grande construido neste río e daquela era dos máis importantes de España, e aínda hoxe o segue sendo. Está situado entre os concellos de Taboada, Chantada, O Saviñao, Paradela, O Páramo, Guntín e Portomarín. Toma o nome da aldea de Belesar. A súa capacidade é de 654,5 hm3 e ocupa unha superficie de 50 km. A presa ten forma de bóveda e posúe dous condutos polos que sae a auga. A construcción do encoro supuxo anegar case 2000 ha de terreo fértil, ademáis da desaparición da vila de Portomarín, situada a ámbolos lados da ponte medieval do século XII. O encoro está destinado á producción de electricidade. Tamén se poden practicar deportes, con permiso previo, e a pesca.
Ánder Castro Fernández