martes, 16 de noviembre de 2010

Lugares para soñar: As Illas Cíes



As Illas Cíes están situadas á entrada da Ría de Vigo, pertencendo ó concello desta cidade da provincia de Pontevedra. Forman un arquipélago de tres illotes rochosos (Illa de Monteagudo, San Martiño e Faro) e dúas das illas atópanse unidas por unha barra de area que se corresponde á praia de Rodas. As illas foron declaradas Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia en 2002. Na antigüidade foron chamadas Siccae, a presenza de restos arqueolóxicos nos di que a presenza humana é de máis de 3000 anos. Por alí pasaron os romanos que tamén deixaron restos como ánforas, cerámica e un interesante anel de ouro hoxe expostos no Museo de Pontevedra. Hai lendas que falan do paso polas Illas Cíes do mismísimo Xulio César. As Cíes foron testemuñas dos ataques turcos e ingleses hai unhas centurias así como de naufraxios como o Polycomander en 1970 ou de verquidos como o do Prestige en 2002. A pesar destes graves desastres medioambientais que afectaron ás illas hai que dicir que o pasado ano a praia de Rodas foi escollida como a praia máis fermosa do mundo.
Martín Coto Alpande

O parque natural da Baixa Limia e Serra Xurés


O parque natural Baixa-Limia-Serra Xurés está situado na provincia de Ourense, na fronteira con Portugal, e forma parte dos municipios de Entrimo, Lobios e Muiños. Ten unha superficie de case 21.000 hectáreas. Con respecto á flora desta xoia natural as especies máis comúns son as carballeiras, os abedules, acebos, xaestas, eucaliptos de repoboación, toxos, sauces, laureis e incluso os alcornocais. As especies máis comúns son a cabra lusitánica, o oso pardo, a víbora, corzos, xabaríns, poni galego, águila culebrera, corvos, gato montés, lagartos e lagartixas. No parque podomos atopar restos de antigos glaciares con morrenas nos ríos Caldo e Vilameá, ademáis de xacementos de wolframio próximos. Hoxe é Reserva Natural da Biosfera.
Martín Coto Alpande

martes, 9 de noviembre de 2010

El volcán Etna



El Etna es un volcán hoy activo situado en la costa este de la isla italiana de Sicilia, localizado entre las provincias de Messina y Catania. Tiene más de 3000 metros de altura, se trata del volcán más grande de Europa. Hace 700000 años el Etna comenzó como un volcán submarino desplazándose hacia el interior, lo dio lugar a la formación de un complejo vulcanismo logrado a través de diferentes erupciones. La actividad volcánica comenzó hace medio millón de años, con erupciones fuera de Sicilia. Las erupciones del Etna se sucedieron llegando a formar varias calderas en su cumbre. No fueron todas iguales, terminaron con un gran cráter que posee un diámetro de más de tres kilómetros.
Laura Varela Cervela

Exipto e o Nilo


Exipto atópase no extremo noroeste do continente africano, posúe costas sobre o Mar Mediterráneo e o Mar Vermello. Limita ó oeste con Libia, ao su con Sudán, ao norte co Mar Mediterráneo e ó leste co Mar Vermello, que o separa de Asia. O deserto do Sahara ocupa a maior parte do territorio de Exipto, aínda que é surcado por un único río: o Nilo, que rega a franxa fértil do país e que foi a fonte de riqueza principal permitindo o desenvolvemento das diferentes culturas ao longo da súa historia. O turismo é a principal fonte de ingresos económicos de Exipto, tanto polos turistas en si mesmos como polas importantes inversións realizadas por cadeas internacionais de hoteles. As tres zonas máis importantes do turismo exipcio son: a capital, O Cairo e arredores, a zona sur e a costa do Mar Vermello na zona do Sinaí, que ofrece unha gran diversidade de fauna e flora acuática.
Lucía Hidalgo Portomeñe

O deserto do Sahara


O deserto do Sahara é o deserto máis cálido e grande do mundo, cuns 9.065.000 km2. Localízase ao norte de África, limita ó leste co Mar Vermello e polo oeste co Océano Atlántico; ao norte coas montañas Atlas e o Mar Mediterráneo. Ten máis de 2.5 millóns de anos. Exténdese polo territorio dos seguintes países: Arxelia, Túnez, Marrocos, Mauritania, Mali, Níxer, Libia, Chad, Exipto, Sudán e polo territorio do Sahara Occidental. As oscilacións climáticas durante os últimos 20000 anos serían a consecuencia das oscilacións e inclinacións do Eixo Terrestre. O Sahara Occidental é un territorio africano situado no deserto do Sahara. a cuestión legal deste territorio e a súa soberanía están aínda por resolver. España descolonizou esta zona en 1976, e desde este ano atópase na súa maior parte sometida a Marrocos. O Frente Polisario intenta recuperar o seu territorio pero xa leva 35 anos de loita xa que Marrocos recebe axuda exterior doutros países. Trátase dunha zona en conflito permanente.
Marina García Diéguez

Un lugar para soñar: as Illas Hawai


Todas as illas de Hawai formáronse pola acción dos volcáns que emerxían do fondo do mar a partir dunha fonte de magma que en Xeoloxía denomínase "punto quente". Esta teoría sostén que a placa tectónica baixo o Océano Pacífico móvese en dirección noroeste, polo que o punto quente mantense de forma estacionaria, creando pouco a pouco novos volcáns. Por iso a maior parte dos volcáns hawaianos permanecen activos hoxe en día. O clima destas paradisíacas illas é o propio dunha zona subtropical pero con temperaturas e humidade menos extremas, debido á acción equilibradora dos ventos alisios. As temperaturas máximas no verán non soen superar os 33ºC e no inverno non descenden polo xeral dos 18ºC. A economía de Hawai baséase no turismo, por iso a poboación traballa de forma maioritaria no sector hosteleiro.
Lucía Hidalgo Portomeñe

As Illas Seichelles: un paraiso tropical



A República das Seichelles é un grupo de 115 illas ubicadas no Océano Índico, ao noroeste de Madagascar, cunha superficie total de 455 Km2. A súa capital é Victoria. Unha das atraccións principais desta cidade é o Xardín Botánico, donde poden observarse exemplares de tartarugas únicas no mundo, por exemplo a tartaruga xigante de Aldabra. Seishelles é o que se coñece como un paraiso tropical, as súas illas conservan a súa beleza natural, con fermosísimas praias e un mar con excelentes condicións para o buceo. Ten un clima tropical con temperaturas que oscilan anualmente entre os 25º e 30º C, con meses moi chuviosos de novembro a maio, que son os que se ven afectados polos ventos monzónicos. O arquipélago das Seichelles divídese en duas ecorrexións: a Selva das Seichelles e o matorral xerófilo das Illas Aldabra.
Marina García Diéguez