miércoles, 24 de noviembre de 2010

As cataratas do Iguazú


As cataratas do Iguazú cos seus 275 saltos de auga diseminados en forma de media lúa que caen desde 70 metros de altura, son posiblemente, as máis belas do planeta. Foron descubertas por Alvar Núñez Cabeza de Vaca no século XVI. Púxolles o nome de Saltos de Santa María, pero co tempo prevaleceu o seu nome indíxena "Iguazú" ou "Auga grande". As cataratas sitúanse a uns 23 Km da súa desembocadura no río Paraná. Nas cataratas atópanse illas de forma alongada e illotes que fragmentan o río en numerosos brazos, que ó chegar ó barranco, cada un deles da lugar a un salto e ás diferentes alturas e volumes destas belísimas cataratas. Pola chamada Garganta do Demo , un desfiladeiro duns 150 metros de ancho por 700 metros de longo, onde se orixinan múltiples arcos da vella. As cataratas do Iguazú sitúanse na zona fronteiriza entre Arxentina e Brasil, e moi próximas a Paraguay.Añadir imagen
Adrián Vázquez Saavedra

martes, 23 de noviembre de 2010

Os Picos de Europa


O Parque Nacional dos Picos de Europa sitúase en Asturias. Ten unha superficie de máis de 24000 hectáreas. Limita cos municipios de Amieva, Cangas de Onís, Cabrales e Peñamellera Baja. As especies máis comúns que atopamos son as propias da montaña atlántica, favorecidas por unha elevada humidade e as abundantes precipitacións: a faia, o carballo, o castiñeiro, nogal abedul, avelá, laurel, acebo, enebro, breixo, aciñeira, arce etc. En canto á fauna as especies máis comúns son o oso pardo, o lobo, o gato montés, comadrexas, urogalos, rebecos, tritóns palmeados, troitas, as víboras de Seoane e a ánade real. O Parque dos Picos de Europa foi o primeiro espazo natural protexido de España e dos primeiros de Europa. Contén lagos de orixe glaciar, circos e valles glaciares, depósitos de morrenas e gargantas espectaculares como a de Cares.
Martín Coto Alpande

O clima dun deserto frío: o Gobi


O deserto do Gobi é unha gran rexión desértica situada entre o norte de China e o sur de Mongolia, e está considerado o quinto máis grande do mundo. Rodéano as montañas Altai e as estepas de Mongolia polo norte e a meseta do Tíbet e a chaira chinesa polo surleste. Gobi significa deserto en mongol. Está composto por varias rexións xeográficas basadas nas súas variacións topográficas e algunhas das súas dunas acadan ata 1000 metros de altitude. Históricamente, este deserto destaca pola súa pertenza ao Imperio Mongol, ademáis da localización dalgunhas cidades importantes ao longo da ruta da Seda, donde se atoparon os fósiles máis incribles da historia, incluíndo os primeiros ovos de dinosaurio. No inverno as temperaturas do deserto son moi frías, poden chegar ata os -40º pero normalmente oscilan entre os -25 e os -10º C. No verán a temperatura media é de 25 ºC e hai grandes temporais. En xeral, o deserto ten temperaturas extremas con cambios bruscos e unhas precipitacións anuais escasas en torno a 50-80 mm. Debido a estas condicións só os nómades habitan o deserto buscando nos oasis a fonte indispensable para os seus camelos, cabalos e cabras. No deserto do Gobi hai animais como as gacelas, o turón veteado, o antílope, o asno, o leopardo da neve, lobos etc. Tamén hai arbustos adaptados como o Salsola Paserina e o Artemisia Cana. ESta rexión está moi afectada pola expansión da desertificación debido a factores climáticos e as actividades humanas.
Ánder Castro Fernández

As cataratas Victoria

As cataratas Victoria son un salto de auga do río Zambeze situadas na fronteira de Zambia e Zimbabwe. Sobre elas hai un gran arco de aceiro rematado en 1905. As cataratas están formadas pola caída en picado nunha única vertical dunha sima de 120 m de anchura máxima e esculpida polas augas ao longo dunha meseta de basalto. A meseta pola que discorre o río Zambeze posúe un clima tropical, cunha estación chuviosa que vai desde finais de novembro a principios de abril, e unha estación seca o resto do ano. A auga pulverizada das fervenzas acada ata 400 metros e ás veces ata 800 metros dependendo da estación. Entre setembro e decembro, debido aos baixos niveis de auga, é posible nadar de xeito seguro nunha especie de piscina natural a que se pode chegar a través da illa de Livigstone. Este lugar tan estrano recibe o nome de Devil's Pool, en galego, a piscina do Demo. David Livingtone foi un explorador escocés, bautizou ás cataratas co nome da Raíña Victoria, aínda que son coñecidas na zona como Mosi-oa- Tunya. As cascadas forman parte de dous parques nacionais: o de Mosi-oa-Tunya en Zambia e o das Cataratas Victoria de Zimbabwe. Estas cataratas foron declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1989 e son unha das maiores atraccións turísticas de África.
Adrián Vázquez Saavedra

miércoles, 17 de noviembre de 2010

El Mar Rojo




Las costas del Mar Rojo se extienden desde el Golfo de Suez hasta la frontera sudanesa. En total cuenta con unos 450.000 km2. Se conocen hasta tres teorias acerca del origen de los nombre; una de ellas es que el mar recibe ese nombre por unas algas de color rojizo (las Trichodesium erithraeum) que se agrupan en grandes plaquetas; otra es que este mar recibe su nombre por las abundantes minas de zafiro de las montañas cercanas; la última es que su nombre se debe a un error de tradución de los textos bíblicos del hebreo al griego. El nivel de salinidad de este mar y la temperatura del agua son altos. El clima que reina en esta hermosa área geográfica es desértico casi en su totalidad. En sus aguas encontramos bonitos corales como la anémona burbuja, la sinullaria, el coral de fuego y el pez lagarto de arna.
J. Alejandro Vázquez Rodríguez

martes, 16 de noviembre de 2010

Siberia: un exemplo de clima continental

A extensa chaira siberiana é parte da zona asiática de Rusia. Desde os Urais ata o Pacífico atopamos esta enorme superficie caracterizada por un riguroso clima continental. Este clima é propio dos interiores dos continentes, donde a lonxanía do mar da lugar a unha amplitude térmica moi elevada. É un clima propio do Hemisferio Norte xa que no Hemisferio Sur os continentes non desenvolven a anchura propia dos do Norte, ou sexa, a superficie continental é menor. En Siberia, os invernos son moi fríos, toda a súa estepa atópase xeada; en cambio, os veráns son calorosos. É na primavera cando se produce o desxeo e a vexetación tórnase de verdes increíbles. A chaira siberiana é un territorio que os zares rusos foron colonizando ao longo do século XIX. Coa chegada do ferrocarril inaugurouse no ano 1904 a liña do Transiberiano, un tren que percorre máis de 9000 kilómetros e oito husos horarios e que une Moscú coa cidade de Vladivostok. Rusia era un gran imperio xeado e necesitaba portos para comerciar no Pacífico, Vladivostok cumpriu ese papel. Que gran aventura sería percorrer Siberia nese histórico tren!
Colaboración de Isabel G. Piñeiro

Os climas do mundo


Os climas do mundo son moi variados como podemos ver estes días na clase. Na zona cálida distinguimos ata catro tipos climáticos: o clima ecuatorial, o tropical, un subtipo de tropical que é o monzónico, e o desértico. Na zona temperada diferenciamos entre o mediterráneo, oceánico e continental. Na zona fría atopamos o clima polar, e , de carácter azonal o de montaña. O clima ecuatorial desenvólvese a ámbolos dous lados do Ecuador, na Cunca do Amazonas, a Cunca do río Congo e as illas de Indonesia. O clima tropical abarca as zonas que rodean á area ecuatorial ata os límites dos grandes desertos da Terra (Sahara, Kalahari, Australia) exemplos do clima desértico. O clima monzónico é propio das penínsulas do Indostán e de Indochina, as súas precipitacións son elementais para o cultivo do arroz, base da alimentación destas zonas. Entre os climas temperados, o oceánico localízase nas fachadas dos continentes, o mediterráneo a carón deste mar así como algunha pequena franxa do sur de África, Australia e California. O continental é propio do interior dos continentes (Chairas americanas, leste de Europa, Rusia e Siberia). En canto ós climas fríos salientar o polar na zona do Polo Norte e Sur, e o clima de montaña nas cordilleiras e mesetas máis altas da Terra (Himalaia, Tíbet, Altai, Alpes, Andes etc.)
Colaboración de Isabel G. Piñeiro