martes, 25 de enero de 2011

Exemplos de gandaría: intensiva e extensiva

Añadir imagenNesta imaxe podemos ver un exemplo de gandería intensiva. Este tipo de gandaría ocupa espazos reducidos ós que se lles saca o máximo rendemento e beneficio. O gando atópase estabulado e alimentado por pensos. É unha gandaría altamente mecanizada. A que vemos na imaxe é gando vacún orientado á producción de leite. Este tipo de gandaría localízase en América do Norte e en Europa Occidental. En Galicia a gandería vacuna atópase nun réxime mixto.
Sergio Vilar Ojea


Na imaxe podemos ver un exemplo de gandaría extensiva. Esta gandaría ocupa espazos amplos onde o gando pasta libremente alimentándose de pastos. Este tipo de gandaría atópase pouco mecanizada, non sendo necesaria unha gran inversión como no caso da gandaría intensiva. O gando que vemos é vacún, orientado á producción de carne e leite. Este tipo de gandaría, non estabulada practícase nos EEUU, na zona dos Grandes Lagos e na Pampa en América do Sur. Sergio Vilar Ojea

A gandería intensiva

Estamos ante unha imaxe pertencente á gandería intensiva. As características deste tipo de gandaría son as seguintes: ocupa espazos reducidos aos que se lle saca o máximo beneficio, é unha gandaría altamente mecanizada, o gando está estabulado e alimentado por pensos, e trátase dunha gandaría á que se lle destina moito capital. Na imaxe observamos gando avícola, orientado á comercialización de ovos e a carne de dito animal. A gandaría intensiva practícase en moitos lugares do planeta, sempre no interior dunha granxa, sobre todo nos países desenvolvidos de América do Norte e Europa.
Ánder Castro Fernández

martes, 18 de enero de 2011

A agricultura extensiva dos EEUU


É unha agricultura de mercado; está especializada en poucos produtos, utiliza maquinaria avanzada e o transporte é barato, rápido e eficaz. As explotacións están moi mecanizadas, case non precisan man de obra e aplícanse técnicas e coñecementos moi avanzados para seleccionar sementes, loitar contra as pragas etc. A producción e a productividade son moi altas. Este tipo de agricultura utiliza grandes leiras ou latifundios, a súa paisaxe é de campo aberto (openfield) porque son leiras sen cercados que as delimitan. Polo seu sistema de cultivo pertence ó monocultivo porque só se especializan nun produto. ë unha agricultura de secaño porque só se abastece da auga procedente das chuvias anuais. Segundo o aproveitamento do solo esta agricultura é extensiva xa que se practica en lugares con moito terreo. En canto o poboamento é espallado, as vivendas atópanse illadas. Esta agricultura practícase nos EEUU, concretamente nas Grandes Chairas. O seu clima é continental, isto é, con escasas precipitacións e temperaturas extremas debido á lonxanía do océano, moi calorosas no verán e moi frías no inverno.
Ánder Castro Fernández

Agricultura intensiva mediterránea



Esta paisaxe agraria está caracterizada polo máximo aproveitamento do terreo, practícase en lugares densamente poboados con terreos escasos. A propiedade da terra está moi repartida, as parcelas son pequenas ou medianas e abertas (openfield). Hai unha especialización de produtos: hortalizas e froitas. Existe un importante investimento, a produción é elevada e está orientada ó mercado. Utilízanse fertilizantes e sementes seleccionadas, ainda que a técnica de regadío utilizada é aínda bastante tradicional. É unha agricultura comercial cuxo fundamento é obter grandes beneficios a través da venta. Mediante uns modernos medios de transporte mantéñense os produtos frescos e en boas condicións.
Inés Vázquez Lamazares

A agricultura itinerante por cremación


A agricultura itinerante é un tipo de agricultura de subsistencia na que a producción está destinada ó autoconsumo. As técnicas utilizadas neste tipo de agricultura son arcaicas e moi rudimentarias. Os campesiños fan un traballo totalmente manual e con pocas ferramentas, se abonados químicos. Algúns dos problemas máis salientables son a pouca productividade e uns resultados bastante pobres. Na agricultura itinerante por cremación os campos de cultivo obtéñense a partir da queima dos bosques e as sabanas. En primeiro lugar tálanse as árbores e os arbustos e préndeselle lume. Despois o home mestura as cinzas co propio solo. A continuación, xa está listo para cultivar mandioca, tubérculos ou millo miúdo entre outros. Os inconvintes ou problemas é que a poboación é nómada xa que as terras esgótanse cada poucos anos, xa que o solo é pouco fértil, ademáis da deforestación continuada de selva e de sabana. É unha agricultura que se traballa en leiras abertas, orientada ó policultivo, a técnica utilizada é de secaño xa que se aproveita a auga das precipitacións, e trátase dunha agricultura extensiva. A poboación concéntrase en aldeas. Esta agricultura dase en Africa, América Central e do Sur e nalgunhas zonas de Asia, en países bastante pobres cun clima cálido ecuatorial ou tropical.
Lucía Hidalgo Portomeñe

A agricultura monzónica


A agricultura do arroz é un tipo de agricultura de subsistencia. Ésta ven caracterizada por estar destinada ó autoconsumo. Emprega técnicas moi rudimentarias e non utiliza abonados químicos. A agricultura monzónica é pouco productiva ainda que a producción é alta. Está ó servizo das condicións climatolóxicas, para o seu desenvolvemento é fundamental a choiva do monzón, ventos cálidos que achegan elevadas precipitacións necesarias para o cultivo do arroz. A producción está orientada ó autoconsumo, cubre as necesidades da poboación. O traballo é manual, trátase dunha agricultura de regadío. O poboamento é concentrado en aldeas cos campos de labor ó redor. A agricultura monzónica localízase en Asia, nas penínsulas do Indostán e de Indochina.
Olalla Vázquez Carballo

Lugares para visitar: Monte Rushmore


O monte Rushmore é unha monumental escultura tallada nunha montaña de granito. Está situado en Keistone, Dakota do Sur. Conmemora o nacemento e desenvolvemento dos Estados Unidos de América. O memorial Monte Rushmore ten algo máis de 5 kilómetros cadrados. Entre 1927 e 1941, catrocentos traballadores esculpiron os catro colosais bustos de dezaoito metros dos presidentes estadounidenses: George Washington, Thomas Jefferson, Theodore Roosevelt e Abraham Lincoln, que representan o primeiro século e medio da historia dos EEUU de América. O Monte Rushmore foi nomeado monumento nacional no ano 1925. O mantemento do monumento constitúe un desafío continuo xa que hai que escalar a montaña para limpala. En 2005 foi lavado o monumento por unha empresa alemana que fixo o traballo gratuitamente. Como curiosidade salientar que o autor da obra morreu sen ver finalizada a súa obra.
Diego Blanco Sandá