martes, 30 de noviembre de 2010

Pamukkale: Castillos de algodón


Añadir imagenPamukkale se sitúa en Turquía y recibe el nombre de "Castillo de algodón" debido a la apariencia de sus cientos de piscinas escalonadas de travertino y de color blanco producto de la precipitación del calcio del agua termal de la zona. Son cascadas petrificadas situadas en una gran colina que configuran pozas de agua caliente. En este hermoso paisaje geológico de carácter calcáreo nos podemos encontrar estalactitas y estalagmitas al aire libre. Ya los romanos conocían la zona y los emperadores construyeron una urbe con un palacio próximo a estas gratificantes y hermosas piscinas termales, su nombre es Hierápolis, Patrimonio de la Humanidad desde 1988, hoy día en ruinas. A las aguas termales de este impresionante conjunto se le atribuyen propiedades curativas.
Colaboración de Isabel G. Piñeiro

O Parque Natural de Mondragó


O Parque Natural Mondragó sitúase na costa surleste de Mallorca nas mariñas do Levante. As especies máis comúns son o cardo mariño, a azucena do mar, o barrón, madreselva, rusco. launea cerviconis, esparragueira, tamarindo, lentiscos, piñeiro mediterráneo, xara, aciñeira, sabinas etc. En canto a fauna as especies máis comúns son o sapo verde, a gambusia, coello de monte, a xineta, gaivota de Audouin, mirlo, ruiseñor, zerrera, cormorán, alcaraván, lirón, abubilla etc. O Parque Natural de Mondragó posúe unha das máis fermosas paisaxes da illa e do arquipélago balear. Está declarado como Zona de Especial Protección para Aves.
Martín Coto Alpande

lunes, 29 de noviembre de 2010

Galicia: un exemplo de clima atlántico

Localizada ao noroeste da Península Ibérica a carón do Océano Atlántico, Galicia é un bo exemplo de clima temperado atlántico ou oceánico. Caracterízase por unhas precipitacións regulares e abundantes todo o ano, así como por unha alta humidade. e unhas temperaturas frescas no verán e suaves no inverno debido ao efecto equilibrador do mar. Por isto, a amplitude térmica é baixa. Sen embargo, existen diferencias dentro do territorio galego. Nas costas as precipitacións son máis abundantes que no interior, máis seco e con temperaturas máis extremas debido o afastamento do mar. Nas provincias de Lugo e Ourense as xeadas son máis comúns, e as temperaturas do verán máis tórridas. Trátase dun clima oceánico con tendenza á continentalización. A súa vez existen dominios hiperhúmidos noutras áreas xeográficas galegas, tal é o caso da zona de Santiago e da zona situada ó sur das Rías Baixas, lindando co veciño Portugal. Nestas, as precipitacións son moi elevadas, superando a media do resto do territorio.. agás nas áreas montañosas. En canto a vexetación autóctona é de bosque de folla caduca aínda que na actualidade atópase degradado debido ás talas, cultivos e pastoreos centenarios, así como as queimas e incendios descontrolados. No seu lugar aparecen subespecies degradadas como as pradeiras e as landas atlánticas.
Colaboración de Isabel G. Piñeiro

Unha das sete maravillas do mundo: Petra

Petra é un importante enclave arqueolóxico en Xordania, ademáis de ser a capital do antigo reino nabateo. O nome de Petra significa pedra, e o seu nome é perfectamente adecuado, non se trata dunha cidade construída con pedra, senón excavada e esculpida en pedra. A cidade nabatea de Petra localízase nun val angosto, ó leste do val de Aravá, que se extende desde o Mar Morto ata o Golfo de Aqaba. Os restos máis célebres son as construccións labradas na mesma rocha do val, en concreto os edificios coñecidos como a Khazneh (A Tesourería) e o Deir (O Monasterio). Petra foi fundada no século VII a. C. polos edomitas, sendo ocupada no século VI a. C. polos nabateos que a fixeron prosperar debido a súa situación na ruta das caravanas que levaban o incienso, as especias e outros produtos de luxo entre Exipto, Siria, Arabia e o sur do Mediterráneo. No século VIII, debido ó cambio nas rutas comerciais e os terremotos sofridos, conduxeron ao abandono da cidade polos seus habitantes. Caeu no olvido e foi redescuberta para o mundo occidental polo explorador suizo J. L. Burckhardt en 1812. No ano 1985 a cidade foi inscrita na lista de Patrimonio Mundial da UNESCO e no ano 2007, Petra forma parte das Novas Sete Maravillas do Mundo.
Olalla Vázquez Carballo

miércoles, 24 de noviembre de 2010

Santorini e o mito da Atlántida


Santorini é unha illa grega que forma parte do arquipélago das Cícladas, situado no Mediterráneo Oriental, no Mar Exeo. Ten carácter volcánico. de feito, é o resultado dunha gran explosión ocorrida nesa área xeográfica no II milenio a.C. Na Historia Antiga foi coñecida como Thera e moitos historiadores a relacionan co mito da Atlántida. A lenda conta que unha gran illa situada no Mediterráneo, unha civilización moi avanzada que mantiña relacións con Exipto e Oriente, foi destruida por un gran terremoto que xerou un gran tsunami, provocando a súa desaparición baixo as augas. A búsqueda da Atlántida centrouse nas illas do Exeo, xa que nos escritos de Platón aparece nomeadae situada "máis alá das columnas de Hércules" (o Estreito de xibraltar) aínda que algúns historiadores a buscaron no Mar Caribe. En calquer caso, o mito desa maravillosa civilización con grandes palacios, xardíns, templos, lagoas e habitada por antepasados dos gregos segue existindo. Atoparase algunha vez?
Colaboración de Isabel G. Piñeiro

As cataratas do Iguazú


As cataratas do Iguazú cos seus 275 saltos de auga diseminados en forma de media lúa que caen desde 70 metros de altura, son posiblemente, as máis belas do planeta. Foron descubertas por Alvar Núñez Cabeza de Vaca no século XVI. Púxolles o nome de Saltos de Santa María, pero co tempo prevaleceu o seu nome indíxena "Iguazú" ou "Auga grande". As cataratas sitúanse a uns 23 Km da súa desembocadura no río Paraná. Nas cataratas atópanse illas de forma alongada e illotes que fragmentan o río en numerosos brazos, que ó chegar ó barranco, cada un deles da lugar a un salto e ás diferentes alturas e volumes destas belísimas cataratas. Pola chamada Garganta do Demo , un desfiladeiro duns 150 metros de ancho por 700 metros de longo, onde se orixinan múltiples arcos da vella. As cataratas do Iguazú sitúanse na zona fronteiriza entre Arxentina e Brasil, e moi próximas a Paraguay.Añadir imagen
Adrián Vázquez Saavedra

martes, 23 de noviembre de 2010

Os Picos de Europa


O Parque Nacional dos Picos de Europa sitúase en Asturias. Ten unha superficie de máis de 24000 hectáreas. Limita cos municipios de Amieva, Cangas de Onís, Cabrales e Peñamellera Baja. As especies máis comúns que atopamos son as propias da montaña atlántica, favorecidas por unha elevada humidade e as abundantes precipitacións: a faia, o carballo, o castiñeiro, nogal abedul, avelá, laurel, acebo, enebro, breixo, aciñeira, arce etc. En canto á fauna as especies máis comúns son o oso pardo, o lobo, o gato montés, comadrexas, urogalos, rebecos, tritóns palmeados, troitas, as víboras de Seoane e a ánade real. O Parque dos Picos de Europa foi o primeiro espazo natural protexido de España e dos primeiros de Europa. Contén lagos de orixe glaciar, circos e valles glaciares, depósitos de morrenas e gargantas espectaculares como a de Cares.
Martín Coto Alpande