martes, 18 de enero de 2011

A agricultura itinerante por cremación


A agricultura itinerante é un tipo de agricultura de subsistencia na que a producción está destinada ó autoconsumo. As técnicas utilizadas neste tipo de agricultura son arcaicas e moi rudimentarias. Os campesiños fan un traballo totalmente manual e con pocas ferramentas, se abonados químicos. Algúns dos problemas máis salientables son a pouca productividade e uns resultados bastante pobres. Na agricultura itinerante por cremación os campos de cultivo obtéñense a partir da queima dos bosques e as sabanas. En primeiro lugar tálanse as árbores e os arbustos e préndeselle lume. Despois o home mestura as cinzas co propio solo. A continuación, xa está listo para cultivar mandioca, tubérculos ou millo miúdo entre outros. Os inconvintes ou problemas é que a poboación é nómada xa que as terras esgótanse cada poucos anos, xa que o solo é pouco fértil, ademáis da deforestación continuada de selva e de sabana. É unha agricultura que se traballa en leiras abertas, orientada ó policultivo, a técnica utilizada é de secaño xa que se aproveita a auga das precipitacións, e trátase dunha agricultura extensiva. A poboación concéntrase en aldeas. Esta agricultura dase en Africa, América Central e do Sur e nalgunhas zonas de Asia, en países bastante pobres cun clima cálido ecuatorial ou tropical.
Lucía Hidalgo Portomeñe

A agricultura monzónica


A agricultura do arroz é un tipo de agricultura de subsistencia. Ésta ven caracterizada por estar destinada ó autoconsumo. Emprega técnicas moi rudimentarias e non utiliza abonados químicos. A agricultura monzónica é pouco productiva ainda que a producción é alta. Está ó servizo das condicións climatolóxicas, para o seu desenvolvemento é fundamental a choiva do monzón, ventos cálidos que achegan elevadas precipitacións necesarias para o cultivo do arroz. A producción está orientada ó autoconsumo, cubre as necesidades da poboación. O traballo é manual, trátase dunha agricultura de regadío. O poboamento é concentrado en aldeas cos campos de labor ó redor. A agricultura monzónica localízase en Asia, nas penínsulas do Indostán e de Indochina.
Olalla Vázquez Carballo

Lugares para visitar: Monte Rushmore


O monte Rushmore é unha monumental escultura tallada nunha montaña de granito. Está situado en Keistone, Dakota do Sur. Conmemora o nacemento e desenvolvemento dos Estados Unidos de América. O memorial Monte Rushmore ten algo máis de 5 kilómetros cadrados. Entre 1927 e 1941, catrocentos traballadores esculpiron os catro colosais bustos de dezaoito metros dos presidentes estadounidenses: George Washington, Thomas Jefferson, Theodore Roosevelt e Abraham Lincoln, que representan o primeiro século e medio da historia dos EEUU de América. O Monte Rushmore foi nomeado monumento nacional no ano 1925. O mantemento do monumento constitúe un desafío continuo xa que hai que escalar a montaña para limpala. En 2005 foi lavado o monumento por unha empresa alemana que fixo o traballo gratuitamente. Como curiosidade salientar que o autor da obra morreu sen ver finalizada a súa obra.
Diego Blanco Sandá

sábado, 15 de enero de 2011

Lugares para soñar: Groenlandia



Groenlandia é un país autónomo pertencente ó reino de Dinamarca. Comprende a enorme illa que leva o mesmo nome e que se atopa entre o Océano Atlántico e o Océano Glaciar Ártico. Pertence ao continente americano. Máis do 80% da súa superficie é xeo. Na parte occidental e, debido á proximidade da corrente do Labrador que queda moi bruscamente cortada na illa de Terranova pola corrente cálida do Golfo de México, fórmanse icebergs en latitudes más baixas que no resto do planeta. Ó norte da illa non hai xeo prácticamente porque o aire é demasiado seco para producir a neve esencial para a creación da capa de xeo. Groenlandia posúe un clima polar, aínda que o clima das súas costas é algo máis benigno, xa que atemperatura do verán pode acadar os 10ºC e donde a vexetación é de tundra. A agricultura na illa é inexistente.
Saskya Vicente Vilariño

martes, 11 de enero de 2011

Exposición na biblioteca: Lugares para soñar

Añadir imagen

Entre os días 10 e 17 de xaneiro podemos atopar na biblioteca do noso centro unha exposición dos traballos expostos na clase de Sociais e publicados en Antártida. Esta exposición leva por título "Lugares para soñar" xa que amosa moitísimos lugares da Terra que nos gustaría visitar polo menos unha vez na nosa vida. A beleza das Illas Cíes, as exóticas praias das Seychelles, a paradisíaca paisaxe de Hawai, a frialdade da Antártida ou o misterio de Pompeia e Herculano...Todo isto e máis podedes contemplalo estes días. Grazas pola vosa colaboración
Isabel G. Piñeiro

viernes, 7 de enero de 2011

A Amazonia: un exemplo de clima ecuatorial



A Amazonia é un exemplo de clima cálido ecuatorial. Caracterízase por posuir unhas temperaturas moi altas e constantes durante todo o ano, o que fai que non haxa diferencias estacionais. As súas precipitacións tamén son moi abundantes durante todo o ano, proporcionando unha elevada humidade. A vexetación que corresponde a este clima é a selva, con unha gran diversidade de árbores. É unha vexetación moi frondosa. A flora da selva tropical húmida posúe innumerables especies de plantas sen clasificar, miles de anfibios, aves e insectos. Na Amazonia podemos atopar mamíferos moi diferentes, o xaguar, o puma, ou reptís como as tartarugas, caimáns, serpes, aves exóticas como o tucán ou peces de todas as especies. Ao longo do río florece a plnta victoria amazónica.
Marina García Diéguez e Lucía Hidalgo Portomeñe

A Amazonia


A Amazonia ou selva amazónica é unha vasta rexión da parte central e septentrional de América do Sur que comprende a selva tropical da Cunca do río Amazonas, aínda que nas Guïanas tamén existe unha densa selva tropical. A Amazonia é o bosque tropical máis extenso do mundo, o redor de 6 millóns de kilómetros cadrados que se reparten entre oito países, dos que Brasil e Perú posúen a maior extensión. A selva amazónica desenvólvese o redor do río do mesmo nome e na súa cunca fluvial. As altas temperaturas favorecen unha tupida e exuberante vexetación sempre verde. O nome do "pulmón verde do planeta" que ostenta este gran espazo vexetal non é por casualidade, xa que mantén un equilibrio climático: hai un balance entre os ingresos e saídas do CO2 e de O2. Os científicos están dacordo na que a perda da biodiversidade é un resultado da destrucción da selva.
Lucía Hidalgo Portomeñe e Marina García Diéguez