lunes, 31 de enero de 2011

Debate: Os transxénicos



Os transxénicos son plantas ou animais que foron manipulados xenéticamente en laboratorios. Esta manipulación consiste en agregar xenes á cadea de ADN dos organismos vexetais e animais, permitindo cambiar ou combinar características entre eles. Esta tecnoloxía provoca un debate na sociedade actual con argumentos a favor ou en contra dos transxénicos. Trátase dun tema moi polémico. Os alumnos e alumnas de 3º ESO A opinan sobre o mesmo:

Lucía opina: "Estou a favor dos transxénicos pero a miña opinión non é rotunda. Penso que a fame no mundo é un tema suficientemente importante como para variar un chisco o equilibrio ecolóxico. Iso sí, a elaboración destes produtos debería estar correctamente controlada para facer as menos variacións no medio"

Álex opina: "Estou a favor pero con matices. Aínda non se puido demostrar que as alteracións sexan inofensivas, tampouco que sexan perxudiciais. O equilibrio ecolóxico non ten que verse moi afectado se hai un control efectivo. Aínda que se considere pouco étrico manipular a natureza, hai que ter presente que o ser humano leva manipulando o medio desde a revolución neolítica. Por último, os alimentos coa manipulación, son máis nutritivos, as plantas máis resistentes e as sementes poden medrar en calquer sitio. E algo moi importante: pódese acabar coa fame mundial"

Ánder opina: "Persoalmente estou máis a favor que en contra dos produtos transxénicos. Actualmente non está demostrado que sexan beneficiosos, pero tampouco que sexan perxudiciais. Ademáis, poderíase variar un pouco o equilibrio ecolóxico e a natureza, como se ven facendo desde hai moitos séculos, co fin de rematar coa fame no mundo, un grave problema na actualidade"

Marina opina: "As razóns a favor dos transxénicos teñen bastante peso na miña opinión, pero existe unha poderosa razón en contra dos mesmos e que eu defendo: o equilibrio ecolóxico pódese ver afectado!. Eu penso que actualmente o medio ambiente está moi danado, co cal tería consecuencias moi negativas estropealo aínda máis. A miña postura, é polo tanto, contraria ós transxénicos"

Jesús opina: "Estou a favor dos transxénicos sempre que se tomen unhas medidas reguladoras nas plantacións para non acabar coas especies autóctonas. Ademáis non atopo lóxica unha das razóns das posturas en contra referente ós beneficios das empresas privadas neste tema, porque son precisamente estas as que sufragan os gastos de investigación, aforrándolle o gasto ós gobernos de cada estado. En canto a que si é unha postura pouco ética, penso que o ser humano leva modificando o medio no que vive desde a Prehistoria"



sábado, 29 de enero de 2011

A pesca submariña


É un tipo de pesca similar á caza , xa que o pescador busca a presa para atrapala, tamén é unha modalidade de pesca que se realiza mediante a inmersión en apnea e co uso dun arpón ou fusil submariño.Unha destas técnicas é a de espera, baséase en pasar o máis desapercibido posible e permanecer quieto a espera de que algún pez curioso se acerque a unha distancia donde resulte fácil facer branco. A técnica chamada de ó paso consiste en recoñecer unha zona de paso das presas. O pescador colócase da forma mais mimética posible para evitar que o peixe o vexa. As anteriores técnicas están limitadas polo tempo de apnea do pescador. Na superficie esta limitación non existe. É moi difícil colocarse nun sitio no que o peixe non recoñeza ao pescador e marche. A técnica en araña é un tipo de pesca extrema realizada en alta mar. Nesta pesca o pescador cóllese a un lastre atado a unha boia ou embarcación e deixase caer cara o fondo do mar. A lonxitude da corda atada ao lastre limita a profundidade e o pescador detense entre 5 e 50 metros, para permanecer inmóvil boca abaixo en esa posición. Os peixes lánzanse contra ese "cebo" que lles colocaron, momento no que o pescador lles disparará mediante longos fusís. Soe ser utilizado contra medregais, atúns ou outros peláxicos.

Diego Blanco Sandá

martes, 25 de enero de 2011

A pesca: técnicas

As técnicas de pesca no mar son moi variadas. Unha delas é a almadraba, que divide as súas redes en compartimentos e consiste en grandes redes ancladas ou suxeitas a estacas, abertas na superficie e provistas de sistemas diversos para dirixir e reter ós peixes.

O trasmallo é unha rede con vaias telas superpostas e de diferentes tamaños. Na parte superior as telas deben quedar a flote pero ás inferiores se lle poñen pesos para manter as redes en forma vertical. A desventaxa que presenta esta técnica é a dificultade para sacar os exemplares capturados e a complexidade da súa reparación.



As nasas utilízanse para capturar peces ou crustáceos. Son caixas ou cestas feitas con diferentes materiais e con unha ou máis aberturas ou entradas. Colócanse no fondo e únense a unha boia que indica a súa situación na superficie


A pesca ó cerco consiste en cercar ó peixe ou ao banco de peixes soltando as redes desde lanchas de motor que se dispoñen en círculo. Despois péchase o fondo da rede capturando así a pesca
A pesca de arrastre é a menos selectiva que existe xa que consiste nunha rede lastrada que barre o fondo mariño capturando todo o que atopa o seu paso. Destrúe algas e outros organismos de xeito indiscriminado. Hoxe en día está regulada ou prohibida xa que é moi destructiva.




Ánder Castro Fernández

Exemplos de gandaría: intensiva e extensiva

Añadir imagenNesta imaxe podemos ver un exemplo de gandería intensiva. Este tipo de gandaría ocupa espazos reducidos ós que se lles saca o máximo rendemento e beneficio. O gando atópase estabulado e alimentado por pensos. É unha gandaría altamente mecanizada. A que vemos na imaxe é gando vacún orientado á producción de leite. Este tipo de gandaría localízase en América do Norte e en Europa Occidental. En Galicia a gandería vacuna atópase nun réxime mixto.
Sergio Vilar Ojea


Na imaxe podemos ver un exemplo de gandaría extensiva. Esta gandaría ocupa espazos amplos onde o gando pasta libremente alimentándose de pastos. Este tipo de gandaría atópase pouco mecanizada, non sendo necesaria unha gran inversión como no caso da gandaría intensiva. O gando que vemos é vacún, orientado á producción de carne e leite. Este tipo de gandaría, non estabulada practícase nos EEUU, na zona dos Grandes Lagos e na Pampa en América do Sur. Sergio Vilar Ojea

A gandería intensiva

Estamos ante unha imaxe pertencente á gandería intensiva. As características deste tipo de gandaría son as seguintes: ocupa espazos reducidos aos que se lle saca o máximo beneficio, é unha gandaría altamente mecanizada, o gando está estabulado e alimentado por pensos, e trátase dunha gandaría á que se lle destina moito capital. Na imaxe observamos gando avícola, orientado á comercialización de ovos e a carne de dito animal. A gandaría intensiva practícase en moitos lugares do planeta, sempre no interior dunha granxa, sobre todo nos países desenvolvidos de América do Norte e Europa.
Ánder Castro Fernández

martes, 18 de enero de 2011

A agricultura extensiva dos EEUU


É unha agricultura de mercado; está especializada en poucos produtos, utiliza maquinaria avanzada e o transporte é barato, rápido e eficaz. As explotacións están moi mecanizadas, case non precisan man de obra e aplícanse técnicas e coñecementos moi avanzados para seleccionar sementes, loitar contra as pragas etc. A producción e a productividade son moi altas. Este tipo de agricultura utiliza grandes leiras ou latifundios, a súa paisaxe é de campo aberto (openfield) porque son leiras sen cercados que as delimitan. Polo seu sistema de cultivo pertence ó monocultivo porque só se especializan nun produto. ë unha agricultura de secaño porque só se abastece da auga procedente das chuvias anuais. Segundo o aproveitamento do solo esta agricultura é extensiva xa que se practica en lugares con moito terreo. En canto o poboamento é espallado, as vivendas atópanse illadas. Esta agricultura practícase nos EEUU, concretamente nas Grandes Chairas. O seu clima é continental, isto é, con escasas precipitacións e temperaturas extremas debido á lonxanía do océano, moi calorosas no verán e moi frías no inverno.
Ánder Castro Fernández

Agricultura intensiva mediterránea



Esta paisaxe agraria está caracterizada polo máximo aproveitamento do terreo, practícase en lugares densamente poboados con terreos escasos. A propiedade da terra está moi repartida, as parcelas son pequenas ou medianas e abertas (openfield). Hai unha especialización de produtos: hortalizas e froitas. Existe un importante investimento, a produción é elevada e está orientada ó mercado. Utilízanse fertilizantes e sementes seleccionadas, ainda que a técnica de regadío utilizada é aínda bastante tradicional. É unha agricultura comercial cuxo fundamento é obter grandes beneficios a través da venta. Mediante uns modernos medios de transporte mantéñense os produtos frescos e en boas condicións.
Inés Vázquez Lamazares