sábado, 18 de diciembre de 2010

A Serra de Ancares




A Serra de Ancares é unha cordilleira situada entre Galicia e Castela-León, ao suroeste da cordillera Cantábrica. Atópase na zona máis oriental da provincia de Lugo e na zona máis occidental da provincia de León, marcando a fronteira das Comunidades Autónomas respectivas. Os cumios máis elevados son Cuiña, Mustallar, Miravelles e os Tres Bispos, non chegando ningún deles aos 2000 metros de altitude. O relevo dos Ancares presenta fracturas nas súas fallas, que é por donde discorren os ríos, afluentes todos do Navia. No seu solo predominan lousas, calcarias, ariscas e cuarcitas. O clima dos Ancares é oceánico de montaña con precipitacións medias ao redor de 2042 mm, e unha temperatura media anual fresca, que oscila en torno aos 8º C. A fauna que podemos atopar son mamíferos como o lobo, o corzo. O oso pardo está xa desaparecido desta serra galega-leonesa. A vexetación que atopamos xunto aos ríos son os salgueiros e ameneiros, así como tamén son frecuentes nas montañas os castiñeiros, freixos, carballos e acivros.Por riba dos 1600 metros de altitude medran os matos, as uceiras nos solos máis pobres e os piornedos nas zonas máis ricas. A construcción típica dos Ancares é a Palloza, cabana de forma circular ou oval que aproveita o máximo a calor para afrontar os fríos invernos da montaña. No ano 2006 a Serra dos Ancares foi declarada Reserva da Biosfera pola UNESCO.
Inés Vázquez Lamazares

No hay comentarios:

Publicar un comentario