viernes, 13 de mayo de 2011

A democracia ateniense


A palabra democracia provén do grego (demo=pobo e kratos=goberno).A democracia foi unha forma de goberno instaurada polos gregos a partir do ano 507 a.C. Nesta forma de goberno era o pobo o que tomaba as decisión de forma directa e non a través de representantes como na actualidade. A democracia deuse máis concretamente en Atenas, e en comparación coas democracias actuais a ateniense tivo unha vida longa, dende a súa creación no 507 a.C. ata o 322 a.C. Aínda que votaba una cantidade considerable da poboación non se pode considerar democracia plena, xa que non había un sufraxio universal, senon que se excluían os escravos e metecos (extranxeiros que vivían alí). e ás mulleres. De feito, para ser máis exactos só votaban os varóns adultos que eran cidadáns, atenienses, fillos de pai e nai atenienses, que acabasen o seu entrenamento militar. Polo tanto había una maioría que quedaba sen votar, esravos, nenos, mulleres e metecos. E tamén se podía suspenderlle o dereito ao voto a un cidadán por una deuda a cidade, o que podía chegar a ser permanente ou incluso hereditario. Pero se tiñas dereito ao voto, tiñas que facelo obrigatoriamente.Na democracia ateniense a diferenza que nas oligarquías a riqueza non influía no acceso á cidadanía. Os gregos empregaban o termo “Ho boulomenos” , para referirse a que calquera cidadán podía intervir nunha asamblea, poñer unha lei ante os lexisladores ou iniciar un xuízo público (que afectara a comunidade política). A administración levábana os funcionarios, máis de un millar cada ano. Estes seleccionánbanse por sorteo xeralmente, pero os máis privilexiados seleccionábanos por votación. Os funcionarios eran considerados “serventes” da poboación, polo que se lles xuzgaba se facían algo mal e castigábanos, a diferencia do resto da poboación. O pilar principal da democracia ateniense era a asamblea (ekklesia), aquí a diferenza que nun parlamento, non eran elexidos os que iban, senón que os propios cidadáns podían asistir cando quixeran. Atenas quedou sitiada, logo de que Esparta lle declarase a guerra. Pero a democracia sobreviviu ata o 322 a.C. ano en que a hexemonía macedonia acaba coas institucións democráticas. Este é posiblemente a orixe das democracias actuais xunto cos avances de Roma, onde se instaurou o sistema de representación do pobo no parlamento.

Jesús Rodríguez Varela.

lunes, 9 de mayo de 2011

Lugares para visitar: a Torre Eiffel


A Torre Eiffell é o símbolo da cidade de París. Foi construida por Gustave Eiffel e servíu como presentación dunha Exposición Universal celebrada na capital francesa no século XIX. De feito, era unha obra de caráter efímero que contaba con destruirse ó rematar a citada Exposición, pero a súa estética innovadora para a época e a súa beleza impuxéronse convertíndose nun lugar obrigatorio de visita para calquer turista en París. Foi construida no Campo de Marte, ás beiras do río Sena. Ten máis de 300 metros de altura, a torre balancéase non máis de 9 cm con ventos fortes e durante 40 anos foi a construcción máis alta do mundo. Gustave eiffel tivo na torre o seu despacho ata a súa morte, ocorrida en 1923. Saskya Vilariño, Olalla Vázquez e Sergio Vilar

Oceanía: Australia


Australia é o país máis extenso de Oceanía. A súa capital é Camberra e a súa moeda é o dólar australiano. Ten unha superficie de 7.686.800 Km2, unha poboación de 21.000.000 habitantes e unha densidade moi baixa, de 2,7 hab/Km2. A poboación concéntrase na costa este do país, nas cidades de Camberra, Sidney e Melbourne. Aquí existe un clima temperado oceánico. O resto do territorio é deserto e prácticamente atópase deshabitado. En Australia podemos visitar paraxes naturais moi fermosos e atoparnos coa misteriosa rocha Uluru ou perdernos polas súas modernas cidades. En Sidney atopamos a famosa ópera, espectacular ,como vemos na imaxe. Olalla Vázquez, Sergio Vilar e Saskya Vilariño

Estudo dun país: Exipto


Exipto é un estado situado no norte de África. Posúe un clima mediterráneo na desembocadura do Nilo, no seu amplo delta; e un clima desértico no resto do territorio. Os veráns son longos no norte con lixeiras chuvias e temperaturas frescas no inverno. No sur o clima é seco e as temperaturas moito máis elevadas. A capital do país é O Cairo e a súa moeda é a libra exipcia. A superficie do país é de 1.001.450 km2, a poboaciónsupera os 80 millóns de habitantes e a densidade é de 55,4 hab/km2. O sistema de goberno é o dunha República unitaria e presidencialista. Na actualidade estamos a observar numerosos cambios en Exipto, ó igual que no resto do mundo árabe. O xefe de Estado, Mubarak, foi deposto á forza por unha moi recente revolución de carácter popular. As cidades máis importantes do país son O Cairo e Alexandría. Exipto é un país que vive principalmente do turismo. Nas beiras do Nilo podemos atopar espectaculares templos (Luxor, Karnak entre outros) , antigas tumbas dos faraóns no Val dos Reis, así como as grandiosas pirámides (a escalonada de Saqara ou as de Gizeh).
Alejandro Randulfe

Estudo dun país: Canadá



O territorio de Canadá abarca unha zona moi amplia de América do Norte ademáis de numerosas illas no Océano Glaciar Ártico. Canadá ten, polo tanto, parte do seu territorio na zona temperada e outra parte na zona fría. Na costa oriental as temperaturas son moi frías debido á Corrente do Labrador, nas costas occidentais, sen embargo os veráns son moi suaves e os invernos caracterízanse polas elevadas precipitacións e a alta humidade. A capital do país é Otawa e a súa moeda o dólar canadiense. A poboación é de 33.o98.932 millóns de habitantes, a súa superficie é de 9.984.670 Km2 e a densidade é de 3,6 hab/km2. O sistema de goberno é o dunha democracia federal parlamentaria. O xefe de estado é a raíña Isabel II de Inglaterra, xa que Canadá formou parte do Imperio Británico. Os idiomas oficiais son o inglés e o francés. As cidades máis importantes son a súa capital Otawa, Vancouver, Toronto e Montreal. Lugares interesantes para visitar en Canadá son as famosas cataratas do Niágara que constitúen a fronteira con EEUU e son visitadas cada ano por milleiros de turistas. Alejandro Randulfe

Sistemas non democráticos: As dictaduras


A dictadura é unha forma de goberno na que o poder concéntrase ó redor da figura dun só individuo, o dictador. Este sistema non democrático caracterízase pola negación da división de poderes e por exercitarse o mando en beneficio dunha minoría que apoia ó dictador. A súa vez nega as institucións ou éstas atópanse vacías ou carentes de sentido democrático. A orixe da dictadura atopámola na antiga Roma. En momentos de guerra o goberno pasaba ou conferíase a unha soa persoa durante seis meses, período no que quedaban en suspenso os procedementos ordinarios da República romana. O dictador non podía ser criticado, nin censurado nin tampouco ser discutidas as súas ordes. En canto acababa a guerra ou a crise a figura de dictador deixaba de ter sentido e o proceso democrático continuaba. A de dictador era unha maxistratura extraordinaria. As dictaduras son un fenómeno propio do século XX. Representan unha involución ou unha volta atrás dos logros democráticos acadados ata ese momento. Destacamos a dictadura en Alemania de Hitler, a de Mussolini en Italia, a de Stalin na antiga URSS, a de Franco en España ou as dictaduras de América Latina. O dictador pode chegar ao poder tras un golpe de estado militar ou por unha coalición cívico-militar; tamén pode chegar a través de votacións populares designadas por un partido único ou unha xerarquía dominante. Tamén un dictador pode heredar o poder tras o falecemento do parente que o ostentaba.
Laura Varela e Rocío Fernández

miércoles, 4 de mayo de 2011

A primeira democracia contemporánea: Os EEUU de América


A democracia é aquel sistema de goberno no cal a soberanía de poder reside e esta sustentada no pobo. É este, o que a través das eleccións directas ou indirectas elixe as principais autoridades do país. Asimesmo, é o pobo o que pode cambiar ou ratificar a estas mesmas autoridades nas seguintes eleccións populares. Por ese motivo, os gregos falaban de democracia como o goberno do pobo, e, de feito éste é o seu significado literal. A primeira democracia da Idade Contemporánea foi a de EEUU. A nova nación xurdida coa Declaración de Independencia de 1776 baseouse na separación de poderes (executivo, lexislativo e xudicial). Nas primeiras eleccións foi elixido George Washington como presidente, o primeiro dos EEUU. O vicepresidente foi John Adams. Este foi o segundo en número de votos e non era do mesmo partido que o presidente elixido. Unha anécdota curiosa dos primeiros tempos da primeira democracia. A partir de 1800 isto cambiou. Cada partido debía elixir aos candidatos a presidente e vicepresidente nunhas eleccións primarias, directas e universais, celebradas cada catro anos. A primeira Constitución redactouse en Filadelfia en 1787, aínda que non todos os estados estiveron dacordo en asinala porque consideraban que non correspondía ás súas demandas, polo que tiveron que engadir enmendas. Estaba inspirada nos principios de igualdade que defendían os Ilustrados.
Lucía Hidalgo e Ánder Castro