lunes, 9 de mayo de 2011

Estudo dun país: Exipto


Exipto é un estado situado no norte de África. Posúe un clima mediterráneo na desembocadura do Nilo, no seu amplo delta; e un clima desértico no resto do territorio. Os veráns son longos no norte con lixeiras chuvias e temperaturas frescas no inverno. No sur o clima é seco e as temperaturas moito máis elevadas. A capital do país é O Cairo e a súa moeda é a libra exipcia. A superficie do país é de 1.001.450 km2, a poboaciónsupera os 80 millóns de habitantes e a densidade é de 55,4 hab/km2. O sistema de goberno é o dunha República unitaria e presidencialista. Na actualidade estamos a observar numerosos cambios en Exipto, ó igual que no resto do mundo árabe. O xefe de Estado, Mubarak, foi deposto á forza por unha moi recente revolución de carácter popular. As cidades máis importantes do país son O Cairo e Alexandría. Exipto é un país que vive principalmente do turismo. Nas beiras do Nilo podemos atopar espectaculares templos (Luxor, Karnak entre outros) , antigas tumbas dos faraóns no Val dos Reis, así como as grandiosas pirámides (a escalonada de Saqara ou as de Gizeh).
Alejandro Randulfe

No hay comentarios:

Publicar un comentario