viernes, 13 de mayo de 2011

A democracia ateniense


A palabra democracia provén do grego (demo=pobo e kratos=goberno).A democracia foi unha forma de goberno instaurada polos gregos a partir do ano 507 a.C. Nesta forma de goberno era o pobo o que tomaba as decisión de forma directa e non a través de representantes como na actualidade. A democracia deuse máis concretamente en Atenas, e en comparación coas democracias actuais a ateniense tivo unha vida longa, dende a súa creación no 507 a.C. ata o 322 a.C. Aínda que votaba una cantidade considerable da poboación non se pode considerar democracia plena, xa que non había un sufraxio universal, senon que se excluían os escravos e metecos (extranxeiros que vivían alí). e ás mulleres. De feito, para ser máis exactos só votaban os varóns adultos que eran cidadáns, atenienses, fillos de pai e nai atenienses, que acabasen o seu entrenamento militar. Polo tanto había una maioría que quedaba sen votar, esravos, nenos, mulleres e metecos. E tamén se podía suspenderlle o dereito ao voto a un cidadán por una deuda a cidade, o que podía chegar a ser permanente ou incluso hereditario. Pero se tiñas dereito ao voto, tiñas que facelo obrigatoriamente.Na democracia ateniense a diferenza que nas oligarquías a riqueza non influía no acceso á cidadanía. Os gregos empregaban o termo “Ho boulomenos” , para referirse a que calquera cidadán podía intervir nunha asamblea, poñer unha lei ante os lexisladores ou iniciar un xuízo público (que afectara a comunidade política). A administración levábana os funcionarios, máis de un millar cada ano. Estes seleccionánbanse por sorteo xeralmente, pero os máis privilexiados seleccionábanos por votación. Os funcionarios eran considerados “serventes” da poboación, polo que se lles xuzgaba se facían algo mal e castigábanos, a diferencia do resto da poboación. O pilar principal da democracia ateniense era a asamblea (ekklesia), aquí a diferenza que nun parlamento, non eran elexidos os que iban, senón que os propios cidadáns podían asistir cando quixeran. Atenas quedou sitiada, logo de que Esparta lle declarase a guerra. Pero a democracia sobreviviu ata o 322 a.C. ano en que a hexemonía macedonia acaba coas institucións democráticas. Este é posiblemente a orixe das democracias actuais xunto cos avances de Roma, onde se instaurou o sistema de representación do pobo no parlamento.

Jesús Rodríguez Varela.

1 comentario:

  1. Profe fixen un blog, http://consibemolenlaarmadura.blogspot.com/ sígueme :)

    ResponderEliminar