Estes días toda a nosa atención está no Xapón. O pasado 11 de marzo un gran tremor de terra (8.9 na Escala Richter) deu lugar a un gran tsunami que devastou a zona norte do Xapón, a uns 250 Km de Tokio. Lembremos que o arquipélago atópase situado nunha zona de confluencia de placas no Pacífico que se deslizan e chocan producindo grandes tremores de terra e tamén tsunamis de gravísimas consecuencias humanas e materiais. Unha das áreas máis afectadas por este terromoto de 2011 foi Fukushima, onde se atopa unha importante central nuclear. Esta foi gravemente danada, dando lugar a constantes fugas radiactivas de uranio e plutonio. A polémica sobre as centrais nucleares está servida. O clima de opinión é contrario a esta forma de enerxía que pon en perigo a vida humana e o medio físico. Hai algunhas voces que se alzan en medio de toda a polémica, hai investigacións actuais sobre a fusión nuclear...Non nos podemos centrar máis nela? A perigosa fisión (separación de átomos de uranio, plutonio, bario...) non pode sustituirse, se hai xa investigacións avanzadas sobre isto, pola fusión nuclear que se realiza con hidróxeno para a obtención de helio? Por que os países máis desenvolvidos céganse coa fisión dos átomos de uranio en vez de buscar outras alternativas? Intereses económicos das multinacionais que gobernan o mundo?
No hay comentarios:
Publicar un comentario