martes, 18 de enero de 2011

A agricultura itinerante por cremación


A agricultura itinerante é un tipo de agricultura de subsistencia na que a producción está destinada ó autoconsumo. As técnicas utilizadas neste tipo de agricultura son arcaicas e moi rudimentarias. Os campesiños fan un traballo totalmente manual e con pocas ferramentas, se abonados químicos. Algúns dos problemas máis salientables son a pouca productividade e uns resultados bastante pobres. Na agricultura itinerante por cremación os campos de cultivo obtéñense a partir da queima dos bosques e as sabanas. En primeiro lugar tálanse as árbores e os arbustos e préndeselle lume. Despois o home mestura as cinzas co propio solo. A continuación, xa está listo para cultivar mandioca, tubérculos ou millo miúdo entre outros. Os inconvintes ou problemas é que a poboación é nómada xa que as terras esgótanse cada poucos anos, xa que o solo é pouco fértil, ademáis da deforestación continuada de selva e de sabana. É unha agricultura que se traballa en leiras abertas, orientada ó policultivo, a técnica utilizada é de secaño xa que se aproveita a auga das precipitacións, e trátase dunha agricultura extensiva. A poboación concéntrase en aldeas. Esta agricultura dase en Africa, América Central e do Sur e nalgunhas zonas de Asia, en países bastante pobres cun clima cálido ecuatorial ou tropical.
Lucía Hidalgo Portomeñe

2 comentarios: