Nesta imaxe podemos ver un exemplo de gandería intensiva. Este tipo de gandaría ocupa espazos reducidos ós que se lles saca o máximo rendemento e beneficio. O gando atópase estabulado e alimentado por pensos. É unha gandaría altamente mecanizada. A que vemos na imaxe é gando vacún orientado á producción de leite. Este tipo de gandaría localízase en América do Norte e en Europa Occidental. En Galicia a gandería vacuna atópase nun réxime mixto.
Sergio Vilar Ojea
Sergio Vilar Ojea
Na imaxe podemos ver un exemplo de gandaría extensiva. Esta gandaría ocupa espazos amplos onde o gando pasta libremente alimentándose de pastos. Este tipo de gandaría atópase pouco mecanizada, non sendo necesaria unha gran inversión como no caso da gandaría intensiva. O gando que vemos é vacún, orientado á producción de carne e leite. Este tipo de gandaría, non estabulada practícase nos EEUU, na zona dos Grandes Lagos e na Pampa en América do Sur. Sergio Vilar Ojea
No hay comentarios:
Publicar un comentario