miércoles, 27 de octubre de 2010

Petra, unha cidade no deserto



Petra é unha cidade que se atopa no deserto de Xordania. Foi construida por un pobo, os nabateos, no ano 300 a.C. As arquitecturas forman parte das paredes rochosas do val e a cor rosada das súas arquitecturas débese á arenisca da zona. A cidade intégrase nun fermoso deserto pedregoso. A Fachada do Tesouro é a construcción máis emblemática do conxunto de Petra. A ela se accede a través dun longo e angosto desfiladeiro (o Sig) que ofrece ó espectador, de xeito repentino, esta maravillosa visión. Foi o explorador Burkhardt quen a deu a coñecer a Occidente no ano 1812. A película "Indiana Jones e a última Cruzada" foi rodada en Petra. Desde 1985 a cidade dos nabateos é Patrimonio da UNESCO. Hoxe en día está considerada como unha das sete maravillas do mundo, sendo a máis votada para ocupar este título.
Colaboración de Isabel G. Piñeiro

sábado, 23 de octubre de 2010

Herculano: una ciudad sepultada


Herculano era una antigua ciudad romana de la región de Campania, hoy en ruinas, que en su día fue más pequeña y rica que Pompeya. Ambas ciudades son conocidas por haber sido sepultadas por las cenizas de la erupción del Vesubio el 24 de agosto del año 79. Muchos de sus habitantes murieron debido al flujo piroclástico de la erupción, de esta forma, la ceniza modeló sus cuerpos con la postura que éstos tenían en el momento de su muerte. Herculano poseía una excelente pesca, numerosos viñedos y unas hermosas vistas al mar, por lo que esta ciudad se convirtió en una zona elegida para el veraneo de los acaudalados romanos. Las excavaciones comenzaron en la actual Ercolano, cerca de Nápoles, en 1738. A finales del XVIII comenzaron a ponerse de moda los motivos de Herculano en una gran diversidad de objetos, en pinturas murales, mesas, quemadores de perfume y en tazas de té. Las excavaciones realizadas en los años 90 del siglo XX en el área del puerto sacaron a la luz más de 200 esqueletos de diversas edades, sexos y condición social. Sólamente se ha excavado una pequeña parte de la ciudad, pero se sabe que era una ciudad moderna, con casas construidas a la última moda y con áreas de entretenimiento. Muchas de las edificaciones eran casas de vacaciones de personas de alta condición social y nos muestran muebles y estructuras que se han conservado. La más famosa de las lujosas villas es la Villa de los Papiros, lugar de retiro, con vistas al mar de Lucio Calpurnio Piso Caesomnio, suegro de Julio César.
Olalla Vázquez Carballo

O río Nilo


O río Nilo é o maior río de África ademáis de ser considerado tradicionalmente o río máis longo do mundo. Sen embargo, estudos recentes redefiniron o nacemento do río Amazonas no sur do Perú en lugar do norte polo que agora é considerado como o máis longo do planeta. Nace en Burundi, no Lago victoria, a súa fonte mías afastada, e ten dous afluentes principais: o Nilo Branco e o Nilo Azul. O primeiro atravesa os Grandes Lagos de África, tendo a súa fonte principal en Ruanda, fluindo por Tanzania, o Lago Victoria, Uganda e Sudán. O Nilo Azul comeza no Lago Tana, en Etiopía e flúe ao longo do sureste de Sudán. Ámbolos dous atópanse preto da capital sudanesa. A parte norte do río flúe case completamente polo deserto, entre Sudán e Exipto, un país cuxa civilización dependeu do río dende hai miles de anos. A maior parte da poboación de Exipto e todas as súas cidades, a excepción das do Delta e os oasis, atópanse ao longo do val do río Nilo, ao norte de Assuán, e a maioría dos lugares de interese cultural e histórico, áchanse ao longo das ribeiras do río. A desembocadura do Nilo conforma un gran delta no Mar Mediterráneo. No Antigo Exipto as inundacións do Nilo, que desbordaba cada ano, foron a base da agricultura. Os exipcios cultivaban trigo, cebada e liño. O río tamén constituía unha fonte de pesca, ademáis de papiro e vía de mercadorías. Todo isto contribuía á estabilidade económica do país. O Nilo era tamén unha fonte espiritual, un deus controlaba xunto ao faraón as enchentes anuais, base do sustento da civilización. Simbolizaba a vía da vida cara a morte.
Adrián Vázquez Saavedra

O Gran Cañón do Colorado

O Gran Cañón do Colorado sitúase en Norteamérica, no estado de Arizona en EEUU. Comeza en Lee´s Ferry e remata onde o río cruza con Grand Wash Fault, cerca do Lago Mead. Foi formándose debido a erosión ocasionada polo rio Colorado ó longo de millóns de anos, uns 2000, chegando a alcanzar na actualidade unha anchura de 446 Km de lonxitude contando con cordilleiras de entre 6 e 29 km de ancho. Chega a ter un kilómetro e medio de profundidade deixando á luz estratos paleozoicos, moi antigos, de entre e 545 e 248 millóns de anos de antigüidade. O Gran Cañón está incluido na súa maior parte no Parque Nacional do Gran Cañón. A súa extensión e de algo máis de 4900 Km2 e é dos parques máis antigos dos EEUU. Foi nomeado Monumento Nacional en 1908 e convértese en Parque Nacional en 1919, evitando así a construcción de encoros e presas no curso do río conservando a paisaxe natural do lugar. Por último en 1979 foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.
Jesús Rodríguez Varela

jueves, 21 de octubre de 2010

O Vesubio: un volcán en activo


O Vesubio é un volcán activo situado na Bahía de Nápoles, a uns 9 Km de distancia desta cidade. A súa altura é de 1871 metros e se localiza ao sur da cadea principal dos Montes Apeninos. É famoso pola erupción do 24 de agosto do ano 79, no que foron sepultadas as cidades antigas de Pompeia e Herculano. Despois daquela erupción o volcán volveu estoupar en máis ocasións. É un dos volcáns máis perigosos do mundo, xa que ao seu redor viven máis de tres millóns de persoas. O Vesubio formouse como resultado da colisión de dúas placas tectónicas, a africana e a euroasiática, a primeira foi forzada por debaixo da segunda, chegando a moita profundidade baixo a corteza terrestre ata fundirse formando magma. O magma, ó ser máis denso que a rocha sólida o seu redor, é empurrado hacia arriba, rachando a superficir da Terra e formando así o volcán. O Vesubio é famoso pola erupción xa antes citada; a que sepultou no século I as cidades de Pompeya e Herculano. A cinza favoreceu enormemente a conservación dos restos. AS excavacións do século XVIII permitiron estudar a cultura romana e a vida cotiá da antigüidade. A descripción dos feitos por Plinio el Joven, que fou un observados directo do acontecemento, deu lugar a que os volcáns semellantes ó Vesubio foran denominadas plinianos.
Sergio Vilar Ojea

miércoles, 20 de octubre de 2010

O río Ganxes


O Ganxes é un dos grandes ríos do subcontinente indio, flue en dirección leste desde o norte da India atravesando a chaira do Ganxes ata Bangladesh. Nace no Himalaia e, tras percorrer máis de 2000 km desemboca formando o maior delta do mundo no Golfo de Bengala. A profundidade media do río é de 16 metros e a máxima é de 30 metros. A conca do Ganxes, co seu solo fértil, é clave para a producción agrícola da India e de Bangladesh. O Ganxes e os seus afluentes son unha fonte de irrigación para cultivos como o arroz, a cana de azucre, as lentellas, as patacas e o trigo. Nas bancadas do río, a presenza de pantanos e lagos favorecen outros cultivos como as legumes, pimenta, mostaza, sésamo ou iute. O río tamén ofrece zonas de pesca. O turismo é outra das actividades relacionadas co río, xa que tres cidades sagradas sitúanse nas súas beiras: Hariwqad, Allahabah e Benarés, que atraen a miles de pelegríns. No río habitan duas especies de golfiños; o golfiño do Ganxes e o golfiño Irawaddy. Tamén atopamos unha estrana especie de tiburón, o "Gliphys gangeticus". Ao longo do río atópanse lugares sagrados para os hindues, xa que sempre foi adorado como a deusa Ganga, madrastra do deus da guerra. Os hindues pensan que cada inmersión no río serve para expiar un pecado. No Ganxes depositan as cinzas dos seus defuntos e realizan peregrinacións para bañarse e meditar nas súas beiras. Según as crenzas, o deus Brahmá creou o río a partires da suor que recolleu do pé do deus Vishnú. Históricamente o Ganxes foi moi importante e moitas das antigas capitais imperiais , Calcuta e Kara.situáronse nas súas ribeiras. A contaminación do río incrementouse de forma alarmante nos últimos anos. Todos os intentos de limpeza fracasaron. Por último, omo curiosidade, comentar que as cinzas de George Harrison, un ex membro dos Beatles que morreu en 2001, foron depositadas neste gran río da India: o Ganxes
Ánder Castro Fernández

El Mar Muerto


El Mar Muerto es un lago salado situado a más de 400 metros bajo el nivel del mar, entre Israel, Jordania y los territorios palestinos. Es el lugar más bajo de la Tierra, atravesado por el río Jordán. Tiene 75 metros de largo y 15 km de ancho, con una superficie aproximada de 620 km cuadrados. Recibe agua del Jordán y de las escasísimas precipitaciones de la zona. La evaporación es muy elevada, de hecho, hace 65 años la superficie del lago era casi el doble de la de hoy. En menos de 100 años tendrá una extensión mucho menor. la costa, por lo tanto, queda cada vez más alejada del Mar Muerto. ESte mar es diez veces más salado que los océanos, por lo que ningún ser vivo habita en él, salvo algunas bacterias. La elevada salinidad impide al ser humano hundirse en sus aguas más de dos horas debido a la deshidrateción consecuente. La salinidad produce el curioso fenómeno de flotar sin ningún esfuerzo. El Mar Muerto es muy rico en sales minerales que se comercializan en todo el mundo. Este está ligado a la historia bíblica, allí se encontraron los escritos de un publo, que hoy se conocen como los manuscritos del Mar Muerto. Constituyen un importante hallazgo arqueológico ya que son una colección de textos hebreos y arameos mil años más antiguos que cualquier otro texto hebreo.
Lucía Hidalgo Portomeñe y Diego Blanco Sandá

As cataratas do Niágara


As cataratas do Niágara son un grupo de cascadas situadas en América do Norte, na fronteira oriental entre os EEUU e Canadá. Son as chamadas "Cataratas Canadienses", as "Lupas Americanas" e as denominadas "Velo de Noiva". O primeiro europeo que chegou á zona foi Samuel Champlain en 1604, sen embargo, nunca chegou a velas, aínda que si foron mencionadas no seu diario. O naturalista Pehr Kalm fixo a primeira descripción das cataratas no século XVIII, aínda que os historiadores afirman que foi o padre Louis Hennepin quen as descubriu moito antes, no século XVII, xunto co explorador René Cavalier de la Salle. Las cataratas teñen máis de 50 metros de altura, unha anchura de cerca de mil metros e cun volumen de 2800 metros cúbicos por segundo de media. É pola noite cando resultan máis admirables xa que posúen luces artificiais que as iluminan. No lado canadiense hai unhas plataformas no Parque Raíña Victoria que ofrecen unha vista espectacular, ademáis existen sendeiros para os excursionistas que conducen a lugares que producen a ilusión óptica de estar baixo as cataratas. No lado estadounidense os visitantes poden observar as cascadas desde moi cerca desde a chamada Cova dos Ventos. A vista máis elevada para a contemplación desta maravilla natural é desde a Torre Skylon en Toronto. As Niágara Falls reciben miles de visitantes cada ano.
Martín Coto Alpande

martes, 19 de octubre de 2010

El desastre de Pompeya



En el año 79 d.C. Pompeya era una ciudad pequeña, de unos 15.000 habitantes, pero de bastante importancia en la época. Su historia se remonta a la época etrusca, y sus ciudadanos eran descendientes de los pueplos prerromanos y de los colonos romanos. Cerca de la ciudad, se halla el Vesubio, a unos 9 km de la cima de este volcán y a seis km de otra ciudad, una villa de veraneo llamada Herculano. La zona sufrió temblores de tierra y los manantiales se secaron en los momentos previos a la gran explosión volcánica del Vesubio. El 24 de agosto, poco después de mediodía, se produjo el acontecimiento, y, a media tarde, Pompeya quedó enterrada bajo varios metros de piedra pómez y ceniza procedentes del volcán. Herculano fue arrollada por una gran cantidad de lava que taponó la salida al mar debido a la formación de un gran muro de material ardiente solidificado. Los detalles de estos hechos los conocemos bien gracias al testimonio de Plinio el Joven. Muchos habitantes de Pompeya consiguieron huir, sin embargo fallecieron unas 2000 personas aplastadas y asfixiadas por los gases o por las cenizas. Con las excavaciones del siglo XIX se mostró al mundo la historia de un momento preciso de la vida cotidiana de hace ya hoy 2000 años: cómo vivían los pompeyanos, cómo eran sus calles, sus lugares de ocio (termas, teatro, foro...), sus templos, sus tiendas y tabernas etc. Unos momentos de la realidad conservados bajo las cenizas.
Marina García Diéguez

lunes, 18 de octubre de 2010

Auroras boreais


A Aurora Boreal é un fenómeno que aparece no ceo no Polo Norte e nas zonas próximas a éste. No Hemisferio sur recibe o nome de Aurora Austra. É visible durante gran parte do ano, aínda que é máis probable nos meses comprendidos entre outubro e marzo, xa que a temperatura é moi baixa, un das condicións que favorecen a aparición deste fenómeno.Prodúcese cando partículas solares chocan co campo magnético da terra na atmósfera, dando lugar a unha luz en forma de arco ou en ondas de diversas cores durante minutos ou incluso horas. O osíxeno é o responsable das cores: verde, amarelo, vermello ou violeta. Eu tiven a gran sorte de contemplar este fenómeno en Islandia, no ceo de Keflavik, moi cerca da capital do país, Reykjavik. Foi espectacular, era de cor verde e a súa forma variaba case constantemente. Naquel momento déronse as condicións necesarias para observar este fermosos fenómeno: ía moitísimo frío, o ceo estaba despexado, eran as doce da noite (a hora na que as auroras brilan máis, parece ser) as luces da cidade quedaban algo lonxe...Foi un momento emocionante, foi a noite que me despedín daquela fría e misteriosa illa, donde Julio Verne inicia a viaxe ó centro da Terra.
Colaboración de Isabel G. Piñeiro