miércoles, 27 de octubre de 2010

Petra, unha cidade no deserto



Petra é unha cidade que se atopa no deserto de Xordania. Foi construida por un pobo, os nabateos, no ano 300 a.C. As arquitecturas forman parte das paredes rochosas do val e a cor rosada das súas arquitecturas débese á arenisca da zona. A cidade intégrase nun fermoso deserto pedregoso. A Fachada do Tesouro é a construcción máis emblemática do conxunto de Petra. A ela se accede a través dun longo e angosto desfiladeiro (o Sig) que ofrece ó espectador, de xeito repentino, esta maravillosa visión. Foi o explorador Burkhardt quen a deu a coñecer a Occidente no ano 1812. A película "Indiana Jones e a última Cruzada" foi rodada en Petra. Desde 1985 a cidade dos nabateos é Patrimonio da UNESCO. Hoxe en día está considerada como unha das sete maravillas do mundo, sendo a máis votada para ocupar este título.
Colaboración de Isabel G. Piñeiro

No hay comentarios:

Publicar un comentario