martes, 9 de noviembre de 2010

As Illas Seichelles: un paraiso tropical



A República das Seichelles é un grupo de 115 illas ubicadas no Océano Índico, ao noroeste de Madagascar, cunha superficie total de 455 Km2. A súa capital é Victoria. Unha das atraccións principais desta cidade é o Xardín Botánico, donde poden observarse exemplares de tartarugas únicas no mundo, por exemplo a tartaruga xigante de Aldabra. Seishelles é o que se coñece como un paraiso tropical, as súas illas conservan a súa beleza natural, con fermosísimas praias e un mar con excelentes condicións para o buceo. Ten un clima tropical con temperaturas que oscilan anualmente entre os 25º e 30º C, con meses moi chuviosos de novembro a maio, que son os que se ven afectados polos ventos monzónicos. O arquipélago das Seichelles divídese en duas ecorrexións: a Selva das Seichelles e o matorral xerófilo das Illas Aldabra.
Marina García Diéguez

No hay comentarios:

Publicar un comentario