Petra é un importante enclave arqueolóxico en Xordania, ademáis de ser a capital do antigo reino nabateo. O nome de Petra significa pedra, e o seu nome é perfectamente adecuado, non se trata dunha cidade construída con pedra, senón excavada e esculpida en pedra. A cidade nabatea de Petra localízase nun val angosto, ó leste do val de Aravá, que se extende desde o Mar Morto ata o Golfo de Aqaba. Os restos máis célebres son as construccións labradas na mesma rocha do val, en concreto os edificios coñecidos como a Khazneh (A Tesourería) e o Deir (O Monasterio). Petra foi fundada no século VII a. C. polos edomitas, sendo ocupada no século VI a. C. polos nabateos que a fixeron prosperar debido a súa situación na ruta das caravanas que levaban o incienso, as especias e outros produtos de luxo entre Exipto, Siria, Arabia e o sur do Mediterráneo. No século VIII, debido ó cambio nas rutas comerciais e os terremotos sofridos, conduxeron ao abandono da cidade polos seus habitantes. Caeu no olvido e foi redescuberta para o mundo occidental polo explorador suizo J. L. Burckhardt en 1812. No ano 1985 a cidade foi inscrita na lista de Patrimonio Mundial da UNESCO e no ano 2007, Petra forma parte das Novas Sete Maravillas do Mundo.
Olalla Vázquez Carballo
No hay comentarios:
Publicar un comentario