O deserto do Sahara é o deserto máis cálido e grande do mundo, cuns 9.065.000 km2. Localízase ao norte de África, limita ó leste co Mar Vermello e polo oeste co Océano Atlántico; ao norte coas montañas Atlas e o Mar Mediterráneo. Ten máis de 2.5 millóns de anos. Exténdese polo territorio dos seguintes países: Arxelia, Túnez, Marrocos, Mauritania, Mali, Níxer, Libia, Chad, Exipto, Sudán e polo territorio do Sahara Occidental. As oscilacións climáticas durante os últimos 20000 anos serían a consecuencia das oscilacións e inclinacións do Eixo Terrestre. O Sahara Occidental é un territorio africano situado no deserto do Sahara. a cuestión legal deste territorio e a súa soberanía están aínda por resolver. España descolonizou esta zona en 1976, e desde este ano atópase na súa maior parte sometida a Marrocos. O Frente Polisario intenta recuperar o seu territorio pero xa leva 35 anos de loita xa que Marrocos recebe axuda exterior doutros países. Trátase dunha zona en conflito permanente.
Marina García Diéguez
Marina García Diéguez
No hay comentarios:
Publicar un comentario