A extensa chaira siberiana é parte da zona asiática de Rusia. Desde os Urais ata o Pacífico atopamos esta enorme superficie caracterizada por un riguroso clima continental. Este clima é propio dos interiores dos continentes, donde a lonxanía do mar da lugar a unha amplitude térmica moi elevada. É un clima propio do Hemisferio Norte xa que no Hemisferio Sur os continentes non desenvolven a anchura propia dos do Norte, ou sexa, a superficie continental é menor. En Siberia, os invernos son moi fríos, toda a súa estepa atópase xeada; en cambio, os veráns son calorosos. É na primavera cando se produce o desxeo e a vexetación tórnase de verdes increíbles. A chaira siberiana é un territorio que os zares rusos foron colonizando ao longo do século XIX. Coa chegada do ferrocarril inaugurouse no ano 1904 a liña do Transiberiano, un tren que percorre máis de 9000 kilómetros e oito husos horarios e que une Moscú coa cidade de Vladivostok. Rusia era un gran imperio xeado e necesitaba portos para comerciar no Pacífico, Vladivostok cumpriu ese papel. Que gran aventura sería percorrer Siberia nese histórico tren!
Colaboración de Isabel G. Piñeiro
Colaboración de Isabel G. Piñeiro
No hay comentarios:
Publicar un comentario