martes, 23 de noviembre de 2010

O clima dun deserto frío: o Gobi


O deserto do Gobi é unha gran rexión desértica situada entre o norte de China e o sur de Mongolia, e está considerado o quinto máis grande do mundo. Rodéano as montañas Altai e as estepas de Mongolia polo norte e a meseta do Tíbet e a chaira chinesa polo surleste. Gobi significa deserto en mongol. Está composto por varias rexións xeográficas basadas nas súas variacións topográficas e algunhas das súas dunas acadan ata 1000 metros de altitude. Históricamente, este deserto destaca pola súa pertenza ao Imperio Mongol, ademáis da localización dalgunhas cidades importantes ao longo da ruta da Seda, donde se atoparon os fósiles máis incribles da historia, incluíndo os primeiros ovos de dinosaurio. No inverno as temperaturas do deserto son moi frías, poden chegar ata os -40º pero normalmente oscilan entre os -25 e os -10º C. No verán a temperatura media é de 25 ºC e hai grandes temporais. En xeral, o deserto ten temperaturas extremas con cambios bruscos e unhas precipitacións anuais escasas en torno a 50-80 mm. Debido a estas condicións só os nómades habitan o deserto buscando nos oasis a fonte indispensable para os seus camelos, cabalos e cabras. No deserto do Gobi hai animais como as gacelas, o turón veteado, o antílope, o asno, o leopardo da neve, lobos etc. Tamén hai arbustos adaptados como o Salsola Paserina e o Artemisia Cana. ESta rexión está moi afectada pola expansión da desertificación debido a factores climáticos e as actividades humanas.
Ánder Castro Fernández

1 comentario: