miércoles, 24 de noviembre de 2010

Santorini e o mito da Atlántida


Santorini é unha illa grega que forma parte do arquipélago das Cícladas, situado no Mediterráneo Oriental, no Mar Exeo. Ten carácter volcánico. de feito, é o resultado dunha gran explosión ocorrida nesa área xeográfica no II milenio a.C. Na Historia Antiga foi coñecida como Thera e moitos historiadores a relacionan co mito da Atlántida. A lenda conta que unha gran illa situada no Mediterráneo, unha civilización moi avanzada que mantiña relacións con Exipto e Oriente, foi destruida por un gran terremoto que xerou un gran tsunami, provocando a súa desaparición baixo as augas. A búsqueda da Atlántida centrouse nas illas do Exeo, xa que nos escritos de Platón aparece nomeadae situada "máis alá das columnas de Hércules" (o Estreito de xibraltar) aínda que algúns historiadores a buscaron no Mar Caribe. En calquer caso, o mito desa maravillosa civilización con grandes palacios, xardíns, templos, lagoas e habitada por antepasados dos gregos segue existindo. Atoparase algunha vez?
Colaboración de Isabel G. Piñeiro

No hay comentarios:

Publicar un comentario