martes, 23 de noviembre de 2010

As cataratas Victoria

As cataratas Victoria son un salto de auga do río Zambeze situadas na fronteira de Zambia e Zimbabwe. Sobre elas hai un gran arco de aceiro rematado en 1905. As cataratas están formadas pola caída en picado nunha única vertical dunha sima de 120 m de anchura máxima e esculpida polas augas ao longo dunha meseta de basalto. A meseta pola que discorre o río Zambeze posúe un clima tropical, cunha estación chuviosa que vai desde finais de novembro a principios de abril, e unha estación seca o resto do ano. A auga pulverizada das fervenzas acada ata 400 metros e ás veces ata 800 metros dependendo da estación. Entre setembro e decembro, debido aos baixos niveis de auga, é posible nadar de xeito seguro nunha especie de piscina natural a que se pode chegar a través da illa de Livigstone. Este lugar tan estrano recibe o nome de Devil's Pool, en galego, a piscina do Demo. David Livingtone foi un explorador escocés, bautizou ás cataratas co nome da Raíña Victoria, aínda que son coñecidas na zona como Mosi-oa- Tunya. As cascadas forman parte de dous parques nacionais: o de Mosi-oa-Tunya en Zambia e o das Cataratas Victoria de Zimbabwe. Estas cataratas foron declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1989 e son unha das maiores atraccións turísticas de África.
Adrián Vázquez Saavedra

No hay comentarios:

Publicar un comentario