Localizada ao noroeste da Península Ibérica a carón do Océano Atlántico, Galicia é un bo exemplo de clima temperado atlántico ou oceánico. Caracterízase por unhas precipitacións regulares e abundantes todo o ano, así como por unha alta humidade. e unhas temperaturas frescas no verán e suaves no inverno debido ao efecto equilibrador do mar. Por isto, a amplitude térmica é baixa. Sen embargo, existen diferencias dentro do territorio galego. Nas costas as precipitacións son máis abundantes que no interior, máis seco e con temperaturas máis extremas debido o afastamento do mar. Nas provincias de Lugo e Ourense as xeadas son máis comúns, e as temperaturas do verán máis tórridas. Trátase dun clima oceánico con tendenza á continentalización. A súa vez existen dominios hiperhúmidos noutras áreas xeográficas galegas, tal é o caso da zona de Santiago e da zona situada ó sur das Rías Baixas, lindando co veciño Portugal. Nestas, as precipitacións son moi elevadas, superando a media do resto do territorio.. agás nas áreas montañosas. En canto a vexetación autóctona é de bosque de folla caduca aínda que na actualidade atópase degradado debido ás talas, cultivos e pastoreos centenarios, así como as queimas e incendios descontrolados. No seu lugar aparecen subespecies degradadas como as pradeiras e as landas atlánticas.
Colaboración de Isabel G. Piñeiro
Colaboración de Isabel G. Piñeiro
No hay comentarios:
Publicar un comentario