martes, 16 de noviembre de 2010

Lugares para soñar: As Illas Cíes



As Illas Cíes están situadas á entrada da Ría de Vigo, pertencendo ó concello desta cidade da provincia de Pontevedra. Forman un arquipélago de tres illotes rochosos (Illa de Monteagudo, San Martiño e Faro) e dúas das illas atópanse unidas por unha barra de area que se corresponde á praia de Rodas. As illas foron declaradas Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia en 2002. Na antigüidade foron chamadas Siccae, a presenza de restos arqueolóxicos nos di que a presenza humana é de máis de 3000 anos. Por alí pasaron os romanos que tamén deixaron restos como ánforas, cerámica e un interesante anel de ouro hoxe expostos no Museo de Pontevedra. Hai lendas que falan do paso polas Illas Cíes do mismísimo Xulio César. As Cíes foron testemuñas dos ataques turcos e ingleses hai unhas centurias así como de naufraxios como o Polycomander en 1970 ou de verquidos como o do Prestige en 2002. A pesar destes graves desastres medioambientais que afectaron ás illas hai que dicir que o pasado ano a praia de Rodas foi escollida como a praia máis fermosa do mundo.
Martín Coto Alpande

No hay comentarios:

Publicar un comentario