Exipto atópase no extremo noroeste do continente africano, posúe costas sobre o Mar Mediterráneo e o Mar Vermello. Limita ó oeste con Libia, ao su con Sudán, ao norte co Mar Mediterráneo e ó leste co Mar Vermello, que o separa de Asia. O deserto do Sahara ocupa a maior parte do territorio de Exipto, aínda que é surcado por un único río: o Nilo, que rega a franxa fértil do país e que foi a fonte de riqueza principal permitindo o desenvolvemento das diferentes culturas ao longo da súa historia. O turismo é a principal fonte de ingresos económicos de Exipto, tanto polos turistas en si mesmos como polas importantes inversións realizadas por cadeas internacionais de hoteles. As tres zonas máis importantes do turismo exipcio son: a capital, O Cairo e arredores, a zona sur e a costa do Mar Vermello na zona do Sinaí, que ofrece unha gran diversidade de fauna e flora acuática.
Lucía Hidalgo Portomeñe
Lucía Hidalgo Portomeñe
No hay comentarios:
Publicar un comentario