Todas as illas de Hawai formáronse pola acción dos volcáns que emerxían do fondo do mar a partir dunha fonte de magma que en Xeoloxía denomínase "punto quente". Esta teoría sostén que a placa tectónica baixo o Océano Pacífico móvese en dirección noroeste, polo que o punto quente mantense de forma estacionaria, creando pouco a pouco novos volcáns. Por iso a maior parte dos volcáns hawaianos permanecen activos hoxe en día. O clima destas paradisíacas illas é o propio dunha zona subtropical pero con temperaturas e humidade menos extremas, debido á acción equilibradora dos ventos alisios. As temperaturas máximas no verán non soen superar os 33ºC e no inverno non descenden polo xeral dos 18ºC. A economía de Hawai baséase no turismo, por iso a poboación traballa de forma maioritaria no sector hosteleiro.
Lucía Hidalgo Portomeñe
No hay comentarios:
Publicar un comentario