O Vesubio é un volcán activo situado na Bahía de Nápoles, a uns 9 Km de distancia desta cidade. A súa altura é de 1871 metros e se localiza ao sur da cadea principal dos Montes Apeninos. É famoso pola erupción do 24 de agosto do ano 79, no que foron sepultadas as cidades antigas de Pompeia e Herculano. Despois daquela erupción o volcán volveu estoupar en máis ocasións. É un dos volcáns máis perigosos do mundo, xa que ao seu redor viven máis de tres millóns de persoas. O Vesubio formouse como resultado da colisión de dúas placas tectónicas, a africana e a euroasiática, a primeira foi forzada por debaixo da segunda, chegando a moita profundidade baixo a corteza terrestre ata fundirse formando magma. O magma, ó ser máis denso que a rocha sólida o seu redor, é empurrado hacia arriba, rachando a superficir da Terra e formando así o volcán. O Vesubio é famoso pola erupción xa antes citada; a que sepultou no século I as cidades de Pompeya e Herculano. A cinza favoreceu enormemente a conservación dos restos. AS excavacións do século XVIII permitiron estudar a cultura romana e a vida cotiá da antigüidade. A descripción dos feitos por Plinio el Joven, que fou un observados directo do acontecemento, deu lugar a que os volcáns semellantes ó Vesubio foran denominadas plinianos.
Sergio Vilar Ojea
Sergio Vilar Ojea
No hay comentarios:
Publicar un comentario