O río Nilo é o maior río de África ademáis de ser considerado tradicionalmente o río máis longo do mundo. Sen embargo, estudos recentes redefiniron o nacemento do río Amazonas no sur do Perú en lugar do norte polo que agora é considerado como o máis longo do planeta. Nace en Burundi, no Lago victoria, a súa fonte mías afastada, e ten dous afluentes principais: o Nilo Branco e o Nilo Azul. O primeiro atravesa os Grandes Lagos de África, tendo a súa fonte principal en Ruanda, fluindo por Tanzania, o Lago Victoria, Uganda e Sudán. O Nilo Azul comeza no Lago Tana, en Etiopía e flúe ao longo do sureste de Sudán. Ámbolos dous atópanse preto da capital sudanesa. A parte norte do río flúe case completamente polo deserto, entre Sudán e Exipto, un país cuxa civilización dependeu do río dende hai miles de anos. A maior parte da poboación de Exipto e todas as súas cidades, a excepción das do Delta e os oasis, atópanse ao longo do val do río Nilo, ao norte de Assuán, e a maioría dos lugares de interese cultural e histórico, áchanse ao longo das ribeiras do río. A desembocadura do Nilo conforma un gran delta no Mar Mediterráneo. No Antigo Exipto as inundacións do Nilo, que desbordaba cada ano, foron a base da agricultura. Os exipcios cultivaban trigo, cebada e liño. O río tamén constituía unha fonte de pesca, ademáis de papiro e vía de mercadorías. Todo isto contribuía á estabilidade económica do país. O Nilo era tamén unha fonte espiritual, un deus controlaba xunto ao faraón as enchentes anuais, base do sustento da civilización. Simbolizaba a vía da vida cara a morte.
Adrián Vázquez Saavedra
Adrián Vázquez Saavedra
No hay comentarios:
Publicar un comentario