miércoles, 20 de octubre de 2010

O río Ganxes


O Ganxes é un dos grandes ríos do subcontinente indio, flue en dirección leste desde o norte da India atravesando a chaira do Ganxes ata Bangladesh. Nace no Himalaia e, tras percorrer máis de 2000 km desemboca formando o maior delta do mundo no Golfo de Bengala. A profundidade media do río é de 16 metros e a máxima é de 30 metros. A conca do Ganxes, co seu solo fértil, é clave para a producción agrícola da India e de Bangladesh. O Ganxes e os seus afluentes son unha fonte de irrigación para cultivos como o arroz, a cana de azucre, as lentellas, as patacas e o trigo. Nas bancadas do río, a presenza de pantanos e lagos favorecen outros cultivos como as legumes, pimenta, mostaza, sésamo ou iute. O río tamén ofrece zonas de pesca. O turismo é outra das actividades relacionadas co río, xa que tres cidades sagradas sitúanse nas súas beiras: Hariwqad, Allahabah e Benarés, que atraen a miles de pelegríns. No río habitan duas especies de golfiños; o golfiño do Ganxes e o golfiño Irawaddy. Tamén atopamos unha estrana especie de tiburón, o "Gliphys gangeticus". Ao longo do río atópanse lugares sagrados para os hindues, xa que sempre foi adorado como a deusa Ganga, madrastra do deus da guerra. Os hindues pensan que cada inmersión no río serve para expiar un pecado. No Ganxes depositan as cinzas dos seus defuntos e realizan peregrinacións para bañarse e meditar nas súas beiras. Según as crenzas, o deus Brahmá creou o río a partires da suor que recolleu do pé do deus Vishnú. Históricamente o Ganxes foi moi importante e moitas das antigas capitais imperiais , Calcuta e Kara.situáronse nas súas ribeiras. A contaminación do río incrementouse de forma alarmante nos últimos anos. Todos os intentos de limpeza fracasaron. Por último, omo curiosidade, comentar que as cinzas de George Harrison, un ex membro dos Beatles que morreu en 2001, foron depositadas neste gran río da India: o Ganxes
Ánder Castro Fernández

No hay comentarios:

Publicar un comentario