A Aurora Boreal é un fenómeno que aparece no ceo no Polo Norte e nas zonas próximas a éste. No Hemisferio sur recibe o nome de Aurora Austra. É visible durante gran parte do ano, aínda que é máis probable nos meses comprendidos entre outubro e marzo, xa que a temperatura é moi baixa, un das condicións que favorecen a aparición deste fenómeno.Prodúcese cando partículas solares chocan co campo magnético da terra na atmósfera, dando lugar a unha luz en forma de arco ou en ondas de diversas cores durante minutos ou incluso horas. O osíxeno é o responsable das cores: verde, amarelo, vermello ou violeta. Eu tiven a gran sorte de contemplar este fenómeno en Islandia, no ceo de Keflavik, moi cerca da capital do país, Reykjavik. Foi espectacular, era de cor verde e a súa forma variaba case constantemente. Naquel momento déronse as condicións necesarias para observar este fermosos fenómeno: ía moitísimo frío, o ceo estaba despexado, eran as doce da noite (a hora na que as auroras brilan máis, parece ser) as luces da cidade quedaban algo lonxe...Foi un momento emocionante, foi a noite que me despedín daquela fría e misteriosa illa, donde Julio Verne inicia a viaxe ó centro da Terra.
Colaboración de Isabel G. Piñeiro
Colaboración de Isabel G. Piñeiro
No hay comentarios:
Publicar un comentario