viernes, 13 de mayo de 2011

A democracia ateniense


A palabra democracia provén do grego (demo=pobo e kratos=goberno).A democracia foi unha forma de goberno instaurada polos gregos a partir do ano 507 a.C. Nesta forma de goberno era o pobo o que tomaba as decisión de forma directa e non a través de representantes como na actualidade. A democracia deuse máis concretamente en Atenas, e en comparación coas democracias actuais a ateniense tivo unha vida longa, dende a súa creación no 507 a.C. ata o 322 a.C. Aínda que votaba una cantidade considerable da poboación non se pode considerar democracia plena, xa que non había un sufraxio universal, senon que se excluían os escravos e metecos (extranxeiros que vivían alí). e ás mulleres. De feito, para ser máis exactos só votaban os varóns adultos que eran cidadáns, atenienses, fillos de pai e nai atenienses, que acabasen o seu entrenamento militar. Polo tanto había una maioría que quedaba sen votar, esravos, nenos, mulleres e metecos. E tamén se podía suspenderlle o dereito ao voto a un cidadán por una deuda a cidade, o que podía chegar a ser permanente ou incluso hereditario. Pero se tiñas dereito ao voto, tiñas que facelo obrigatoriamente.Na democracia ateniense a diferenza que nas oligarquías a riqueza non influía no acceso á cidadanía. Os gregos empregaban o termo “Ho boulomenos” , para referirse a que calquera cidadán podía intervir nunha asamblea, poñer unha lei ante os lexisladores ou iniciar un xuízo público (que afectara a comunidade política). A administración levábana os funcionarios, máis de un millar cada ano. Estes seleccionánbanse por sorteo xeralmente, pero os máis privilexiados seleccionábanos por votación. Os funcionarios eran considerados “serventes” da poboación, polo que se lles xuzgaba se facían algo mal e castigábanos, a diferencia do resto da poboación. O pilar principal da democracia ateniense era a asamblea (ekklesia), aquí a diferenza que nun parlamento, non eran elexidos os que iban, senón que os propios cidadáns podían asistir cando quixeran. Atenas quedou sitiada, logo de que Esparta lle declarase a guerra. Pero a democracia sobreviviu ata o 322 a.C. ano en que a hexemonía macedonia acaba coas institucións democráticas. Este é posiblemente a orixe das democracias actuais xunto cos avances de Roma, onde se instaurou o sistema de representación do pobo no parlamento.

Jesús Rodríguez Varela.

lunes, 9 de mayo de 2011

Lugares para visitar: a Torre Eiffel


A Torre Eiffell é o símbolo da cidade de París. Foi construida por Gustave Eiffel e servíu como presentación dunha Exposición Universal celebrada na capital francesa no século XIX. De feito, era unha obra de caráter efímero que contaba con destruirse ó rematar a citada Exposición, pero a súa estética innovadora para a época e a súa beleza impuxéronse convertíndose nun lugar obrigatorio de visita para calquer turista en París. Foi construida no Campo de Marte, ás beiras do río Sena. Ten máis de 300 metros de altura, a torre balancéase non máis de 9 cm con ventos fortes e durante 40 anos foi a construcción máis alta do mundo. Gustave eiffel tivo na torre o seu despacho ata a súa morte, ocorrida en 1923. Saskya Vilariño, Olalla Vázquez e Sergio Vilar

Oceanía: Australia


Australia é o país máis extenso de Oceanía. A súa capital é Camberra e a súa moeda é o dólar australiano. Ten unha superficie de 7.686.800 Km2, unha poboación de 21.000.000 habitantes e unha densidade moi baixa, de 2,7 hab/Km2. A poboación concéntrase na costa este do país, nas cidades de Camberra, Sidney e Melbourne. Aquí existe un clima temperado oceánico. O resto do territorio é deserto e prácticamente atópase deshabitado. En Australia podemos visitar paraxes naturais moi fermosos e atoparnos coa misteriosa rocha Uluru ou perdernos polas súas modernas cidades. En Sidney atopamos a famosa ópera, espectacular ,como vemos na imaxe. Olalla Vázquez, Sergio Vilar e Saskya Vilariño

Estudo dun país: Exipto


Exipto é un estado situado no norte de África. Posúe un clima mediterráneo na desembocadura do Nilo, no seu amplo delta; e un clima desértico no resto do territorio. Os veráns son longos no norte con lixeiras chuvias e temperaturas frescas no inverno. No sur o clima é seco e as temperaturas moito máis elevadas. A capital do país é O Cairo e a súa moeda é a libra exipcia. A superficie do país é de 1.001.450 km2, a poboaciónsupera os 80 millóns de habitantes e a densidade é de 55,4 hab/km2. O sistema de goberno é o dunha República unitaria e presidencialista. Na actualidade estamos a observar numerosos cambios en Exipto, ó igual que no resto do mundo árabe. O xefe de Estado, Mubarak, foi deposto á forza por unha moi recente revolución de carácter popular. As cidades máis importantes do país son O Cairo e Alexandría. Exipto é un país que vive principalmente do turismo. Nas beiras do Nilo podemos atopar espectaculares templos (Luxor, Karnak entre outros) , antigas tumbas dos faraóns no Val dos Reis, así como as grandiosas pirámides (a escalonada de Saqara ou as de Gizeh).
Alejandro Randulfe

Estudo dun país: Canadá



O territorio de Canadá abarca unha zona moi amplia de América do Norte ademáis de numerosas illas no Océano Glaciar Ártico. Canadá ten, polo tanto, parte do seu territorio na zona temperada e outra parte na zona fría. Na costa oriental as temperaturas son moi frías debido á Corrente do Labrador, nas costas occidentais, sen embargo os veráns son moi suaves e os invernos caracterízanse polas elevadas precipitacións e a alta humidade. A capital do país é Otawa e a súa moeda o dólar canadiense. A poboación é de 33.o98.932 millóns de habitantes, a súa superficie é de 9.984.670 Km2 e a densidade é de 3,6 hab/km2. O sistema de goberno é o dunha democracia federal parlamentaria. O xefe de estado é a raíña Isabel II de Inglaterra, xa que Canadá formou parte do Imperio Británico. Os idiomas oficiais son o inglés e o francés. As cidades máis importantes son a súa capital Otawa, Vancouver, Toronto e Montreal. Lugares interesantes para visitar en Canadá son as famosas cataratas do Niágara que constitúen a fronteira con EEUU e son visitadas cada ano por milleiros de turistas. Alejandro Randulfe

Sistemas non democráticos: As dictaduras


A dictadura é unha forma de goberno na que o poder concéntrase ó redor da figura dun só individuo, o dictador. Este sistema non democrático caracterízase pola negación da división de poderes e por exercitarse o mando en beneficio dunha minoría que apoia ó dictador. A súa vez nega as institucións ou éstas atópanse vacías ou carentes de sentido democrático. A orixe da dictadura atopámola na antiga Roma. En momentos de guerra o goberno pasaba ou conferíase a unha soa persoa durante seis meses, período no que quedaban en suspenso os procedementos ordinarios da República romana. O dictador non podía ser criticado, nin censurado nin tampouco ser discutidas as súas ordes. En canto acababa a guerra ou a crise a figura de dictador deixaba de ter sentido e o proceso democrático continuaba. A de dictador era unha maxistratura extraordinaria. As dictaduras son un fenómeno propio do século XX. Representan unha involución ou unha volta atrás dos logros democráticos acadados ata ese momento. Destacamos a dictadura en Alemania de Hitler, a de Mussolini en Italia, a de Stalin na antiga URSS, a de Franco en España ou as dictaduras de América Latina. O dictador pode chegar ao poder tras un golpe de estado militar ou por unha coalición cívico-militar; tamén pode chegar a través de votacións populares designadas por un partido único ou unha xerarquía dominante. Tamén un dictador pode heredar o poder tras o falecemento do parente que o ostentaba.
Laura Varela e Rocío Fernández

miércoles, 4 de mayo de 2011

A primeira democracia contemporánea: Os EEUU de América


A democracia é aquel sistema de goberno no cal a soberanía de poder reside e esta sustentada no pobo. É este, o que a través das eleccións directas ou indirectas elixe as principais autoridades do país. Asimesmo, é o pobo o que pode cambiar ou ratificar a estas mesmas autoridades nas seguintes eleccións populares. Por ese motivo, os gregos falaban de democracia como o goberno do pobo, e, de feito éste é o seu significado literal. A primeira democracia da Idade Contemporánea foi a de EEUU. A nova nación xurdida coa Declaración de Independencia de 1776 baseouse na separación de poderes (executivo, lexislativo e xudicial). Nas primeiras eleccións foi elixido George Washington como presidente, o primeiro dos EEUU. O vicepresidente foi John Adams. Este foi o segundo en número de votos e non era do mesmo partido que o presidente elixido. Unha anécdota curiosa dos primeiros tempos da primeira democracia. A partir de 1800 isto cambiou. Cada partido debía elixir aos candidatos a presidente e vicepresidente nunhas eleccións primarias, directas e universais, celebradas cada catro anos. A primeira Constitución redactouse en Filadelfia en 1787, aínda que non todos os estados estiveron dacordo en asinala porque consideraban que non correspondía ás súas demandas, polo que tiveron que engadir enmendas. Estaba inspirada nos principios de igualdade que defendían os Ilustrados.
Lucía Hidalgo e Ánder Castro


domingo, 3 de abril de 2011

Exposición na Biblioteca: Destino o Mundo



Estes días podemos visitar a exposición "Destino o Mundo" na Biblioteca do centro. A exposición comezou o venres 1 de abril e estará aberta ata o vindeiro 8 do mesmo mes. Nela podemos ver os traballos realizados polos alumnos e alumnas de 3º ESO sobre turismo. Acompañando a estes traballos, consistentes en posibles viaxes polo mundo, hai bonitas maquetas feitas en EPV de monumentos a visitar. Unha forma diferente de aprender.
Isabel G. Piñeiro

martes, 22 de marzo de 2011

O desastre de Fukushima


Estes días toda a nosa atención está no Xapón. O pasado 11 de marzo un gran tremor de terra (8.9 na Escala Richter) deu lugar a un gran tsunami que devastou a zona norte do Xapón, a uns 250 Km de Tokio. Lembremos que o arquipélago atópase situado nunha zona de confluencia de placas no Pacífico que se deslizan e chocan producindo grandes tremores de terra e tamén tsunamis de gravísimas consecuencias humanas e materiais. Unha das áreas máis afectadas por este terromoto de 2011 foi Fukushima, onde se atopa unha importante central nuclear. Esta foi gravemente danada, dando lugar a constantes fugas radiactivas de uranio e plutonio. A polémica sobre as centrais nucleares está servida. O clima de opinión é contrario a esta forma de enerxía que pon en perigo a vida humana e o medio físico. Hai algunhas voces que se alzan en medio de toda a polémica, hai investigacións actuais sobre a fusión nuclear...Non nos podemos centrar máis nela? A perigosa fisión (separación de átomos de uranio, plutonio, bario...) non pode sustituirse, se hai xa investigacións avanzadas sobre isto, pola fusión nuclear que se realiza con hidróxeno para a obtención de helio? Por que os países máis desenvolvidos céganse coa fisión dos átomos de uranio en vez de buscar outras alternativas? Intereses económicos das multinacionais que gobernan o mundo?

miércoles, 9 de marzo de 2011

Traballando co tema do Turismo

Añadir imagen

Estes días en Xeografía de 3º ESO estamos a traballar sobre o tema do Turismo. Os alumnos e alumnas, ben de forma individual ou en grupos, recollen información sobre diversos países do mundo facendo un itinerario por lugares de interés. Deben investigar sobre as características físicas de cada país (relevo, clima, vexetación), as súas fronteiras políticas, datos diversos como a moeda, a superficie, a poboación etc. Tamén deben buscar información sobre monumentos ou parques naturais que desexarían visitar. O traballo pode incluir máis datos a maiores, gastronomía, cultura... O que sí é obrigatorio é incluir un mapa co itinerario elixido. A forma de presentación é libre, puntuarase de forma positiva a orixinalidade. Contamos coa colaboración de Cristina de Plástica para a elaboración de maquetas de monumentos. Os traballos deberán entregarse o día 21 de marzo. Despóis organizaremos conxuntamente unha exposición na Biblioteca, lugar das investigacións e do traballo diario no actual tema sobre o turismo. Un xeito de traballar divirtíndose á vez.
Isabel G. Piñeiro

Dous países de América do Sur: Arxentina e Brasil



Arxentina é un país situado ó sur do continente americano. A súa capital é Bos Aires e a súa moeda o peso arxentino. A súa poboación supera os 40 millóns de habitantes, sendo a súa superficie de 2.766.900 Km2 e a súa densidade é de case 15 hab/km2. É unha República e a súa xefa de estado na actualidade é Cristina Kirchner. Arxentina ten fronteira con Chile, Bolivia, Paraguai, Uruguai e Brasil. O clima é temperado oceánico na costa e continentalizado cara o interior, sendo polar no sur. O glaciar Perito Moreno atrae a milleiros de turistas cada ano, así como a capital do país, Bos Aires


Brasil é un país que fai fronteira con Arxentina, Bolivia, Colombia, As Güianas, Paraguai, Perú, Surinam, Uruguai e Venezuela. O seu clima é predominantemente tropical. A sáua capital é Brasilia, emprazada na selva amazónica. A moeda do país é o real. Brasil ten unha poboación de 109.000.000 Habitantes. O estado é unha república parlamentaria. As cidades máis importantes son Río de Janeiro, Sao Paulo, Minas Gerais entre outras. A Amazonia é un espazo verde, un verdadeiro pulmón verde do planeta que hoxe en día está en perigo de desaparición. O río Amazonas discorre por todo o territorio de Brasil de oeste a leste presentando unha paisaxe de selva exuberante, unha paisaxe tropical húmida con gran variedade de especies vexetais e animais, única no planeta.
Saskya Vilariño, Olalla Vázquez e Sergio Vila
r

Os comezos da industrialización en Galicia: as conserveiras das Rías Baixas

A finais do século XIX, na década de 1880, iníciase na ría de Vigo, a apertura das fábricas conserveiras de peixe. Debeuse principalmente á chegada de empresarios burgueses cataláns e desenvolveuse grazas a capitais franceses. Tratábase dunha actividade herdeira das coñecidas salazóns das Rías Baixas. Estas empresas vanse especializar na conserva de sardiñas. En 1904 créase en Vigo a "Unión de Fabricantes de Conservas de la Ría de Vigo", testemuña da importancia desta incipiente industria galega. As innovación tecnolóxicas eran constantes, por exemplo o peche das latas ou os métodos de conservación das mesmas. Axiña se converteu nun traballo propiamente feminino, as mulleres obreiras traballaban a través, moitas veces, de simples contratos verbais. Durante o primeiro tercio do século XX, a industria conserveira atravesa unha fase expansiva, xa que nos anos da I Guerra Mundial, hai unha gran demanda no frente destes produtos enlatados. Non só experimentaron un crecemento as conserveiras senón todas as empresas "auxiliares" de peixe; falamos das latas, do aceite...Iníciase unha verdadeira concentración empresarial neses anos. A finais dos anos 20 e principios da década dos 30, debido a Gran Depresión, as conserveiras pasan por unha fase crítica. Coa Guerra Civil hai un certo repunte. Ao longo dos 60 mantéñense, e volven a pasar por unha crítica fase coa Reconversión Industrial dos anos 80. Hoxe en día Galicia é a segunda exportadora de conservas de pescado do mundo.
Isabel G. Piñeiro

A Revolución Industrial


A Revolución Industrial inglesa comeza a mediados do século XVIII, é unha revolución que despois expandirase por Europa Continental, Estados Unidos e Xapón. Son unha serie de transformacións socioecómicas e tecnolóxicas moi importantes na historia e que deron lugar a un novo xeito de vida e a unha nova sociedade de clases. A primeira causa a ter en conta no desenvolvemento deste feito foi o crecemento demográfico, tamén coñecido como "revolución demográfica", isto supuxo un incremento da poboación que fixo posible unha maior demanda de alimentos. A súa vez, isto deu lugar a melloras agrarias, a unha maior productividade, posible grazas ás novas técnicas e inventos (arados, segadoras, sementadoras, malladoras...) e tamén a novos sistemas de cultivo (o Norfolk principalmente). Ademais, introducíronse cultivos novos coma a pataca. Todo isto formou parte da chamada revolución agrícola. Antes desta revolución os produtos eran elaborados manual e artesanalmente, coa Revolución Industrial aparece por primeira vez a industria e as innovacións coas cales pásase á mecaniza ción da industria téxtil e da siderurxia. Estas primeiras máquinas accionábanse ó principio, sobre todo, coa enerxía hidráulica, e logo tamén coa máquina de vapor, inventada por James Watt no 1769, que tería un papel moi importante na Revolución Industrial dado que tamén serviría para a revolución dos transportes. Tamén coas innovacións industriais aparecerá a fabricación en serie que fai que os costes e o traballo sexan menores na producción, este sistema utilízase en moitas industrias da actualidade. Ademais mellorouse o comercio debido á revolución dos transportes dado que apareceu a máquina de vapor e grazas a ela apareceu o barco de vapor e tamén o ferrocarril. Éste accionábase coa locomotora de Stephenson que inventou en 1829. Comeza así o transporte de mercadorías e persoas en ferrocarril. A primeira liña de pasaxeiros foi de Liverpool a Manchester.
Colaboración de "A balsa da Medusa"Juan Varela Armas

O encoro de Belesar


O encoro de Belesar é un pantano artificial posto en servizo no ano 1963 no río Miño durante a Dictadura do Xeneral Franco. É o máis grande construido neste río e daquela era dos máis importantes de España, e aínda hoxe o segue sendo. Está situado entre os concellos de Taboada, Chantada, O Saviñao, Paradela, O Páramo, Guntín e Portomarín. Toma o nome da aldea de Belesar. A súa capacidade é de 654,5 hm3 e ocupa unha superficie de 50 km. A presa ten forma de bóveda e posúe dous condutos polos que sae a auga. A construcción do encoro supuxo anegar case 2000 ha de terreo fértil, ademáis da desaparición da vila de Portomarín, situada a ámbolos lados da ponte medieval do século XII. O encoro está destinado á producción de electricidade. Tamén se poden practicar deportes, con permiso previo, e a pesca.
Ánder Castro Fernández

miércoles, 23 de febrero de 2011

Granxa Sindín en Monterroso




Esta granxa está situada en Sindín, Monterroso, na provincia de Lugo. Nesta zona existen unhas parcelas de tamaño medio e unha paisaxe de campos cerrados ou bocage xa que está destinada a gandaría vacuna. Tamén hai un monocultivo (herba e millo) e trátase dunha agricultura intensiva. A gandaría desta zona é comercial xa que ou se produce leite ou carne para a súa venta. Existe unha gandaría intensiva semiestabulada xa que o gando ademáis de estar na granxa tamén sae a pacer aos prados. Estamos ante unha granxa de gandaría vacuna intensiva, é semiestabulada xa que o gando aliméntase dos pastos naturais cando o bon tempo o permite e de forraxes da propia explotación o resto do ano. Esta granxa conta con 20 vacas da raza Rubia Galega, moi apreciada pola calidade da súa carne, que están inscritas no rexitro xenealóxico da Asociación de Criadores de Rubia Galega (ACRUGA) Como é intensiva, ocupa espazos de terreo reducidos, que se fertilizan mediante purín e esterco. O gando aliméntase tanto con pasto e forraxes coma con cereais. Esta granxa conta cun 80% de mecanización e un 20% de manexo dos animais. Aquí os animais nacen ao aire libre e ata os dous meses e medio non se meten para dentro, a súa alimentación está basada fundamentalmente no leite das súas nais e nos últimos meses complementada con cereais. Os becerros véndense cando teñen 7-9 meses (525kg en vivo) Ben, a industria ou directamente ao consumidor. Establecendo así, unha relación directa entre productor e consumidor.
Diego Blanco Sandá

martes, 22 de febrero de 2011

Mi mapa del mundo

En la siguiente entrada podéis verlos viajes internacionales que he realizado en estos últimos años:



Free website - By Wix.com
Si lo queréis ver en grande pinchar en el siguiente enlace:

http://www.wix.com/aollada/mi-mapa-del-mundo

miércoles, 16 de febrero de 2011

Unha actividade artesanal: a elaboración de queixos na Ulloa






Onte asistimos a unha charla e demostración práctica sobre a elaboración de queixos artesanais. A explicación e a supervisión posterior na realización individual dos nosos propios queixos correu a cargo de "Diqueixá". Moi amablemente e de forma ben clara e con paciencia indicáronnos todas as fases de fabricación do queixo con Denominación de Orixe "Arzúa-Ulloa". Os de 3º ESO déronlle forma os queixos amosando unha gran técnica. Foi moi interesante e divertido.
Hoxe tivemos unha segunda parte, esta vez lles tocou asistir a unha cata dos principais queixos galegos ós de 4º ESO. Representantes das Denominacións de Orixe Queixo de Tetilla, Arzúa-Ulloa e San Simón Da Costa explicáronnos as texturas, olores e sabores dos sabrosos queixos de Galicia, así como a área xeográfica a que pertencen. Un pracer.

Isabel G. Piñeiro

lunes, 14 de febrero de 2011

El accidente nuclear de Chernobyl


Añadir imagen
El accidente de Chernobyl sucedió en la central nuclear del mismo nombre el 26 de abril de 1986. Fue un accidente muy grave y uno de los mayores desastres medioambientales de la historia. Aquel día, durante una prueba en la que se simulaba un corte de suministro eléctrico, se produjo el sobrecalentamieno del núcleo del reactor nuclear, lo que dió lugar a una explosión que liberó material radiactivo 500 veces mayor que el liberado en Hiroshima en 1945. El accidente causó 31 muertos y la evacuación de más de 130.000 personas provocando una gran alarma internacional al detectarse radiactividad en varios países del norte y centro de Europa. La central de Chernobyl se encuentra en Ucrania, en aquel momento república soviética, a 16 kms. de la frontera con Bielorrusia y a 110 Kms de la capital ucraniana, Kiev. El accidente, en un principio, fue silenciado por la URSS. La evacuación de la zona se llevó a cabo seis días después del accidente cuando ya existían más de 50.000 afectados por la radiación. El reactor causante de la explosión se aisló del exterior en un sarcófago, cuyas obras de construcción se alargaron más de 200 días. Hoy día la zona de Chernobyl se encuentra abandonada, el crecimiento desordenado de la vegetación ha dado lugar a un extraño paisaje, el denominado "Bosque Rojo". Hay una ausencia total de vida humana, aunque la fauna ha invadido este nuevo paraje. En Galicia , la ONG "Asociación Ledicia Cativa" acoge temporalmente a menores afectados por las consecuencias de este grave accidente nuclear.
Jesús Alejandro Vázquez Rodríguez

A bioenerxía ou enerxía da biomasa



Esta obtense a partir da combustión de materia animal e vexetal. A leña do bosque constitúe o claro exemplo desta enerxía. A bioenerxía é unha fonte de enerxía alternativa, é dicir, aínda está en fase de investigación. É unha enerxía renobábel (non limitada) que ten varias utilidades (por exemplo, utilízase nas calefaccións modernas). A bioenerxía, como o resto das enerxías alternativas, ten as vantaxes de ser limpa (non contamina) e é ilimitada. Os seus inconvintes son que é irregular, pouco produtiva e modifica o medio (con esas construcións). Mediante a enerxía fórmase o biogás, obtido a partir da fermentación de esterco animal. Os principais países que producen bioenerxía son Australia, Canadá, China, Colombia, Ecuador, India, Indonesia, Malawi, México, Mozambique, Filipinas, Senegal, Tailandia e Zambia principalmente.

Ánder Castro Fernández


A enerxía maremotriz


Esta enerxía baséase no aproveitamento do movemento da auga do mar, producida pólo fenómeno das mareas. O uso desta enerxía está pouco desenvolto e dela obtense electricidade principalmente. É unha fonte de enerxía alternativa, é dicir, ainda está en fase de investigación. É unha enerxía renobábel (non limitada), destinada á produción de enerxía eléctrica. A enerxía mareomotriz, como o resto das enerxías alternativas, ten as vantaxes de ser limpa (non contamina) e de ser ilimitada. O seus inconvintes son que é irregular, pouco produtiva para o alto custo dos dispositivos e modifica o medio (aínda que non tanto como outras enerxías). Existen centrais para a enerxía mareomotriz en Francia (Mont Saint Michel), en Canadá (Badía de Fundy), en Reino Unido (estuario do río Severn) e estanse a plantexar en España.

Ánder Castro Fernández

sábado, 12 de febrero de 2011

A enerxía xeotérmica: A Lagoa Azul de Islandia


A Lagoa Azul (Blaá Lonid) sitúase cerca da capital de Islandia, Reikjavik. Atópase xunto a unha central xeotérmica, creada a partir dos excedentes desta. A enerxía xeotérmica obtense a partir do calor do interior da Terra. É abundante polo tanto nas áreas volcánicas e ricas en augas termais. Prodúcese vapor na superficie e este é aproveitado mediante unha turbina que á vez xera electricidade. Trátase dunha enerxía renovable, con menor impacto que o orixinado polo petróleo ou o carbón. O problema é o desagradable olor a ovos podridos debido a emisión de ácidos procedentes do interior da Terra. Sí provoca certo deterioro da paisaxe. As aplicacións desta enerxía son a electricidade e usos domésticos como calefacción e auga quente. A famosa "Lagoa Azul" de Islandia é famosa polas súas augas mediciñais, polas súas propiedades autopurificantes debido á alta concentración en sales. Por iso é un punto a ter en conta no turismo da saúde. Eu tiven a sorte de estar alí, naquelas augas quentiñas e saudables, en medio do vapor que provocaba unha paisaxe de impacto. Unha experiencia para repetir, desde logo...
Isabel G. Piñeiro

A enerxía eólica


Obtense a partir do aproveitamento da forza do vento para producir electricidade. A forza do vento fai mover as aspas dos aeroxeneradores e estas moven o xenerador eléctrico. É unha enerxía renovable e non contamina. O inconvinte principal é que está moi localizada, pois debe instalarse onde sopre o vento con moita forza. Isto fai que sexa unha enerxía irregular, xa que hai días de moito vento e outros en calma total. Os aeroxeneradores producen un gran impacto visual xa que os muiños de vento son moi grandes e están colocados nos montes polo que son visibles desde moi lonxe. Ademáis producen moito ruído, o que coñecemos como contaminación acústica. A súa localización é nos lugares no que a forza do vento é constasnte, nos cumios e serras e montes das costas.
Inés Vázquez Lamazares

A enerxía solar


A enerxía solar é a que emite o Sol mediante as súas radiacións e que é aproveitada para a obtención de enerxía térmica e eléctrica. É inesgotable, abundante e non contamina. O inconvinte é que a intensidade de radiación solar sofre moitas variacións ao longo do ano e durante as estacións anuais, polo que a producción é bastante irregular. Entre as súas aplicacións hai que salientar a obtención de auga quente a través de paneis solares que producen enerxía térmica, e a obtención de electricidade a través de paneis fotovoltaicos que se poden colocar nos tellados das casas ou no campo (hortas solares). Os paneis solares instálanse nas zonas que dispoñan de moitas horas de luz ao longo de ano, polo que as zonas temperadas e cálidas da Terra son as máis apropiadas.
Inés vázquez Lamazares

miércoles, 9 de febrero de 2011

Granxa Maruxa




"Granxa Maruxa" componse na actualidade de57 vacas entre grandes e pequenas. Son de raza frisona-holandesa, unha raza forte tanto en leite coma en carne. A maior producción de leite dase na primavera cando o clima é favorable tantopara os animais como para os pastos que rodean a granxa. Marta Álvarez Quinteiro, a súa propietaria, está aconseguir a mestura de razas mediante a inseminación artificial, xa que así consegue que o leite teña máis graxa para a elaboración das famosas galletas (maruxas de nata) da granxa. Intenta que cada vaca teña un parto ao ano atendendo co máximo coidado a cada vaca e a cada cría. O sistema para muxir as vacas é automático, ordeñando a todas á vez e dúas veces ó día. Marta consegue relaxar ás vacas con música de Mozart, e que o leite sexa de mellor calidade, sendo menos importante a cantidade. O feito de poñer a música é porque as vacas teñen moi bo oído. "Granxa Maruxa" é cen por cen ecolóxica, e de carácter extensivo, xa que se practica en lugares que dispoñen de moito terreo de pasto. Alimentan así á totalidade do gando e precisando pouca man de obra. As vacas entran nas cortes para durmir aínda que teñen a opción de durmir fóra. A alimentación é cen por cen ecolóxica, as terras e pastos son traballados sen pesticidas e sen herbicidas. ás doce da mañá o gando é levado á corte para compensar a alimentación con herba seca, ensilado, fariña de millo ecolóxica e un penso complementario, este se lle suministra aos animais que acaban de parir. Este penso está formado por cebada, hervillas ecolóxicas, trigo e avea. "Granxa Maruxa"está totalmente decorada, cada espazo dunha cor. As portas e os teitos en branco e negro, un ambente cómodo para as persoas xa que as vacas só ven nestas cores. O que máis me chamou a atención foi que teñen todo decorado, limpo, ordeado, curioso e moi coidado.
Laura Varela Cervela

O comercio xusto

O comercio xusto é unha forma alternativa de comercio promovida por ONGS e movementos sociais políticos como o Pacifismo ou o Ecoloxismo que promoven unha relación comercial voluntaria e xusta entre productores e consumidores. Un dos principios do comercio xusto é a formación de cooperativas ou organizacións voluntarias que funcionan democráticamente, rexeitando a explotación infantil. Trabállase con dignidade e respetando aos traballadores seguindo os dereitos humanos. O prezo que se paga polos productos permite condicións de vida digna e valórase a calidade e a producción sustentable, coidando o medio ambiente buscando a maneira de evitar intermediarios entre productores e consumidores. O proceso debe ser voluntario. Existe un selo nos productos do Comercio Xusto, Fairtrade, moi doado de localizar. Con este traballo se intenta que a partir dun pequeno xesto poidamos axudar a millóns de persoas.
Marina García Diéguez

La agricultura especulativa de los países subdesarrollados

Este tipo de agricultura se localiza en las zonas tropicales subdesarrolladas, en países como Ghana, Malasia, Cuba, Colombia, Brasil...La agricultura especulativa está destinada a abastecer los países ricos, el país que más se beneficia de esta agricultura es EEUU. La dedicación de la plantación se reduce a un sólo cultivo (monocultivo) que normalmente son el café, la caña de azúcar, el plátano o banana, la hevea, el cacao, la nuez, el coco, los cacahuetes, el tabaco, el algodón , la piña...Estas grandes plantaciones se encuentran en los países pobres, no sólo porque los productos que proporcionan sean tropicales, sino porque la tierra allí es muy barata y también la mano de obra que normalmente es indígena. A esta agricultura le sacan el máximo partido ya que produce gran cantidad de productos a muy bajo precio. La agricultura de plantación no les resulta muy beneficiosa a los países subdesarrollados ya que no se pone en producción su tierra para resolver la economía local, sino la del mundo desarrollado.
Lucía Hidalgo Portomeñe

lunes, 31 de enero de 2011

Debate: Os transxénicos



Os transxénicos son plantas ou animais que foron manipulados xenéticamente en laboratorios. Esta manipulación consiste en agregar xenes á cadea de ADN dos organismos vexetais e animais, permitindo cambiar ou combinar características entre eles. Esta tecnoloxía provoca un debate na sociedade actual con argumentos a favor ou en contra dos transxénicos. Trátase dun tema moi polémico. Os alumnos e alumnas de 3º ESO A opinan sobre o mesmo:

Lucía opina: "Estou a favor dos transxénicos pero a miña opinión non é rotunda. Penso que a fame no mundo é un tema suficientemente importante como para variar un chisco o equilibrio ecolóxico. Iso sí, a elaboración destes produtos debería estar correctamente controlada para facer as menos variacións no medio"

Álex opina: "Estou a favor pero con matices. Aínda non se puido demostrar que as alteracións sexan inofensivas, tampouco que sexan perxudiciais. O equilibrio ecolóxico non ten que verse moi afectado se hai un control efectivo. Aínda que se considere pouco étrico manipular a natureza, hai que ter presente que o ser humano leva manipulando o medio desde a revolución neolítica. Por último, os alimentos coa manipulación, son máis nutritivos, as plantas máis resistentes e as sementes poden medrar en calquer sitio. E algo moi importante: pódese acabar coa fame mundial"

Ánder opina: "Persoalmente estou máis a favor que en contra dos produtos transxénicos. Actualmente non está demostrado que sexan beneficiosos, pero tampouco que sexan perxudiciais. Ademáis, poderíase variar un pouco o equilibrio ecolóxico e a natureza, como se ven facendo desde hai moitos séculos, co fin de rematar coa fame no mundo, un grave problema na actualidade"

Marina opina: "As razóns a favor dos transxénicos teñen bastante peso na miña opinión, pero existe unha poderosa razón en contra dos mesmos e que eu defendo: o equilibrio ecolóxico pódese ver afectado!. Eu penso que actualmente o medio ambiente está moi danado, co cal tería consecuencias moi negativas estropealo aínda máis. A miña postura, é polo tanto, contraria ós transxénicos"

Jesús opina: "Estou a favor dos transxénicos sempre que se tomen unhas medidas reguladoras nas plantacións para non acabar coas especies autóctonas. Ademáis non atopo lóxica unha das razóns das posturas en contra referente ós beneficios das empresas privadas neste tema, porque son precisamente estas as que sufragan os gastos de investigación, aforrándolle o gasto ós gobernos de cada estado. En canto a que si é unha postura pouco ética, penso que o ser humano leva modificando o medio no que vive desde a Prehistoria"



sábado, 29 de enero de 2011

A pesca submariña


É un tipo de pesca similar á caza , xa que o pescador busca a presa para atrapala, tamén é unha modalidade de pesca que se realiza mediante a inmersión en apnea e co uso dun arpón ou fusil submariño.Unha destas técnicas é a de espera, baséase en pasar o máis desapercibido posible e permanecer quieto a espera de que algún pez curioso se acerque a unha distancia donde resulte fácil facer branco. A técnica chamada de ó paso consiste en recoñecer unha zona de paso das presas. O pescador colócase da forma mais mimética posible para evitar que o peixe o vexa. As anteriores técnicas están limitadas polo tempo de apnea do pescador. Na superficie esta limitación non existe. É moi difícil colocarse nun sitio no que o peixe non recoñeza ao pescador e marche. A técnica en araña é un tipo de pesca extrema realizada en alta mar. Nesta pesca o pescador cóllese a un lastre atado a unha boia ou embarcación e deixase caer cara o fondo do mar. A lonxitude da corda atada ao lastre limita a profundidade e o pescador detense entre 5 e 50 metros, para permanecer inmóvil boca abaixo en esa posición. Os peixes lánzanse contra ese "cebo" que lles colocaron, momento no que o pescador lles disparará mediante longos fusís. Soe ser utilizado contra medregais, atúns ou outros peláxicos.

Diego Blanco Sandá

martes, 25 de enero de 2011

A pesca: técnicas

As técnicas de pesca no mar son moi variadas. Unha delas é a almadraba, que divide as súas redes en compartimentos e consiste en grandes redes ancladas ou suxeitas a estacas, abertas na superficie e provistas de sistemas diversos para dirixir e reter ós peixes.

O trasmallo é unha rede con vaias telas superpostas e de diferentes tamaños. Na parte superior as telas deben quedar a flote pero ás inferiores se lle poñen pesos para manter as redes en forma vertical. A desventaxa que presenta esta técnica é a dificultade para sacar os exemplares capturados e a complexidade da súa reparación.



As nasas utilízanse para capturar peces ou crustáceos. Son caixas ou cestas feitas con diferentes materiais e con unha ou máis aberturas ou entradas. Colócanse no fondo e únense a unha boia que indica a súa situación na superficie


A pesca ó cerco consiste en cercar ó peixe ou ao banco de peixes soltando as redes desde lanchas de motor que se dispoñen en círculo. Despois péchase o fondo da rede capturando así a pesca
A pesca de arrastre é a menos selectiva que existe xa que consiste nunha rede lastrada que barre o fondo mariño capturando todo o que atopa o seu paso. Destrúe algas e outros organismos de xeito indiscriminado. Hoxe en día está regulada ou prohibida xa que é moi destructiva.




Ánder Castro Fernández

Exemplos de gandaría: intensiva e extensiva

Añadir imagenNesta imaxe podemos ver un exemplo de gandería intensiva. Este tipo de gandaría ocupa espazos reducidos ós que se lles saca o máximo rendemento e beneficio. O gando atópase estabulado e alimentado por pensos. É unha gandaría altamente mecanizada. A que vemos na imaxe é gando vacún orientado á producción de leite. Este tipo de gandaría localízase en América do Norte e en Europa Occidental. En Galicia a gandería vacuna atópase nun réxime mixto.
Sergio Vilar Ojea


Na imaxe podemos ver un exemplo de gandaría extensiva. Esta gandaría ocupa espazos amplos onde o gando pasta libremente alimentándose de pastos. Este tipo de gandaría atópase pouco mecanizada, non sendo necesaria unha gran inversión como no caso da gandaría intensiva. O gando que vemos é vacún, orientado á producción de carne e leite. Este tipo de gandaría, non estabulada practícase nos EEUU, na zona dos Grandes Lagos e na Pampa en América do Sur. Sergio Vilar Ojea

A gandería intensiva

Estamos ante unha imaxe pertencente á gandería intensiva. As características deste tipo de gandaría son as seguintes: ocupa espazos reducidos aos que se lle saca o máximo beneficio, é unha gandaría altamente mecanizada, o gando está estabulado e alimentado por pensos, e trátase dunha gandaría á que se lle destina moito capital. Na imaxe observamos gando avícola, orientado á comercialización de ovos e a carne de dito animal. A gandaría intensiva practícase en moitos lugares do planeta, sempre no interior dunha granxa, sobre todo nos países desenvolvidos de América do Norte e Europa.
Ánder Castro Fernández

martes, 18 de enero de 2011

A agricultura extensiva dos EEUU


É unha agricultura de mercado; está especializada en poucos produtos, utiliza maquinaria avanzada e o transporte é barato, rápido e eficaz. As explotacións están moi mecanizadas, case non precisan man de obra e aplícanse técnicas e coñecementos moi avanzados para seleccionar sementes, loitar contra as pragas etc. A producción e a productividade son moi altas. Este tipo de agricultura utiliza grandes leiras ou latifundios, a súa paisaxe é de campo aberto (openfield) porque son leiras sen cercados que as delimitan. Polo seu sistema de cultivo pertence ó monocultivo porque só se especializan nun produto. ë unha agricultura de secaño porque só se abastece da auga procedente das chuvias anuais. Segundo o aproveitamento do solo esta agricultura é extensiva xa que se practica en lugares con moito terreo. En canto o poboamento é espallado, as vivendas atópanse illadas. Esta agricultura practícase nos EEUU, concretamente nas Grandes Chairas. O seu clima é continental, isto é, con escasas precipitacións e temperaturas extremas debido á lonxanía do océano, moi calorosas no verán e moi frías no inverno.
Ánder Castro Fernández

Agricultura intensiva mediterránea



Esta paisaxe agraria está caracterizada polo máximo aproveitamento do terreo, practícase en lugares densamente poboados con terreos escasos. A propiedade da terra está moi repartida, as parcelas son pequenas ou medianas e abertas (openfield). Hai unha especialización de produtos: hortalizas e froitas. Existe un importante investimento, a produción é elevada e está orientada ó mercado. Utilízanse fertilizantes e sementes seleccionadas, ainda que a técnica de regadío utilizada é aínda bastante tradicional. É unha agricultura comercial cuxo fundamento é obter grandes beneficios a través da venta. Mediante uns modernos medios de transporte mantéñense os produtos frescos e en boas condicións.
Inés Vázquez Lamazares